O Supremo devolve o escrito de EU-IU para investigar ao rei emérito por estar en galego e sen "tradución"

A coordinadora de Esquerda Unida, Eva Solla, considera que o motivo argumentado "supón unha vulneración dos dereitos lingüísticos e unha interpretación terxiversada" do contido do artigo 231.4 da lei de procedemento xudicial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2020 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A Sala Segunda do Tribunal Supremo presidida polo maxistrado Manuel Marchena, devolveu o escrito presentado por Esquerda Unida-Izquierda Unida no que se pedía investigar ao rei emérito Juan Carlos I debido a que foi presentada en galego e "non consta tradución" do escrito.

Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galicia presentaron o pasado 12 de agosto unha querela criminal contra o rei emérito, na que solicitaban que fose "xulgado polos seus actos entre os que están sete supostos delitos: suborno, delito contra a facenda pública, administración desleal, fraude e exacciones ilegais, branqueo de capitais, encubrimento, ameazas de morte condicionais, descubrimento e revelación de segredos, omisión do deber de perseguir delitos e corrupción de particulares".

Agora, a Sala Segunda do Supremo devolve o escrito alegando que o idioma galego "ten plena validez e eficacia" na comunidade, pero "debe, no entanto, ser traducido cando busque efecto fóra" dese ámbito territorial.

A coordinadora de Esquerda Unida considera que o motivo argumentado "supón unha vulneración dos dereitos lingüísticos e unha interpretación terxiversada" do contido do artigo 231.4 da lei de procedemento xudicial.

"O galego é a lingua oficial de Galicia e ten plena validez e eficacia" na xustiza, lembra Eva Solla, prol o que resulta "unha decisión interesada e amparada nunha falta de respecto á legalidade para evitar a reapertura da querela criminal contra o rei Juan Carlos I".

Esquerda Unida denuncia que unha vez máis o galego supón unha traba para a xustiza incorrendo, así, nunha vulneración dos dereitos lingüísticos da cidadanía a expresarse na súa lingua, á vez que "supón unha interpretación terxiversada", faltando "ao respecto da legalidade de expresarse na lingua da Comunidade Autónoma".

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida-Esquerda Unida, en rolda de prensa
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida-Esquerda Unida, en rolda de prensa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

En fin que o volvan a presentar con tradución ao árabe que igual ten mellor acollida ! Pero coñas aparte, xa quixeramos saber que pinta o Ministro de Consumo (e lider de IU) pasando por alto as comisións de infarto do Santander (120 € anuais) e de tódolos demáis bancos (Abanca) ¿Será que teñen demasiadas débedas e así vanse pagando e reestructurando? // Esta pregunta vén sendo como a querela que presentan contra o Rey Emérito (por iso lles foi devolta, non por ir en galego, a ironía de Marchena esta xentiña non a pilla!) Claro que cando embolsaba 96.000 € a señora Eva Solla ben podía contratar os servizos dun Tradutor, en lugar de metelo todo no peto !!! Ah, e a ver cando me desbloquea a conta de Twitter, que tanta censura xa fede por demáis !!! Amén !!!