A esquerda únese contra a troika

Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Ribadeo e Ourense acolleron manifestacións da "marea cidadá" contra as políticas impostas polo Fondo Moneterio Internacional, o Banco Central Europea e a Comisión Europea. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/06/2013 | Actualizada ás 23:02

Comparte esta noticia

Galicia participou este sábado na "marea cidadá" que orgnaizou mobilizaciones contra a troika (Fondo Moneterio Internacional, Banco Central Europea e Comisión Europea) en  máis de 80 cidades por toda Europa. Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Ribadeo e Ourense son algunhas das localidades que acolleron marchas. 

Manifestación contra a troika en Vigo
Manifestación contra a troika en Vigo | Fonte: gzvideos

A asistencia ás protestas foi dispar, en todo caso, menor a doutras mobilizacións contra os recortes. En Vigo foron varios milleiros os asistentes, mentres que en Santiago os medios falan de "ducias" de manifestantes. Entre os colectivos de base que apoiaban as protestas en Galicia estaban, entre outros, Stop Desafiuzamentos, Ecoar, Comités ou a Asemblea Aberta de Ourense.

A nivel de partidos políticos, os manifestantes tiveron o apoio de Anova, IU, Bloque e Equo, entre outros partidos de esquerda. Xavier Vence, voceiro nacional do Bloque, participou na mobilización de Compostela.

En declaracións aos medios, o catedrático da facultade de Económicas argumentou que as políticas de recorten están a levar a ruina a todos os países da Unión Europea. Vence acaba de publicar un libro no que razona a prol da transferencia de recursos á periferia da Unión para diversificar o seu tecido productivo. Na marcha de hoxe insistiu ademáis que unha "alternativa soberanista" é imprescindíbel para "ter capacidade de decisión fronte aos mercados".

Velaquí a crónica da manifestación de Vigo filmada por GZvideos:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 morasleira

Abonda con mirar as imaxes. Bandeiras republicanas, bandeiras do BNG, etc, etc,...a xente quere propostas e traballo, non manifestacions extrañas para ir a tomar as tazas.

5 Anton___

Estupendo todo, pero a alternativa de que goberne a tropa esta é un autentico suicidio, seriamos unha república bananera que lle daría mil boltas ao esperpento venezolano. Por sorte eso non vai pasar.

4 pinchorla

Por unha Galiza de nós. Decidamos nos na nosa terra.

3 Pétain folklorico

Peste de trapos españois! favor no haber de Pétain Beiras, que grazas a el andan de sobrados. Por certo, Pétain e o seu ego de primadonna negouse a ir ao encontro de Madrid, porque no cartaz ia de segunda ringleira. Primeiro Lacayo Lara xunto co mariachi de PASOK-SYRIZA con letras grandes, e abaixo Yolandita despachos ghrandes e Pétain en letras pequenas. Tiñan que facer coma o gran productor galego Cesareo Gonzalez que pra evitar loita de egos folkloricos poñia os nomes non titulos en rolda xiratoria.

1 DigoEu

"Gili......"

2 Aparato

Q alguén lle diga ao upegallo de garda q non se meta con Syrizia, que hai nada mandamos unha nota sacando peito porque paseamos nunha mani en Lisboa con eles

3 Ao do aparato

Sinal de que botamos fora moito unto, mais non tudo o unto.

2 antiburras

Contra Espanha, Europa e o capital, soberanía Nacional