Éxito da protesta contra a minería

"Galicia non é unha mina. Defende a terra, defende a vida" foi o lema da manifestación que ateigou Santiago este domingo. Os convocantes alertan que hai máis de 500 explotacións mineiras en estudo. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/06/2013 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

Varios milleiros de persoas tomaron este mediodía as rúas de Compostela. Os cidadáns protestaron contra as reformas legais impulsadas pola Xunta que, na opinión dos convocantes, faculta a "megaminería salvaxe". A manifestación foi un éxito de asistencia, pois conseguiu encher a Praza da Quintana.

A Plataforma ContraMINAacción alerta que o Goberno Galego ten en marcha proxectos para a apertura de até 520 explotacións mineiras. A mina a ceo aberto para sacar ouro en Corcoesto e a explotación de fesdelpato na Limia son só os dous proxectos máis coñecidos, por estar máis avanzado a súa tramitación.

A Plataforma, que aglutina a colectivos cidadáns de afectados, ecoloxistas e outras organizacións do rural, culpa ao PP da ofensiva mineira que sufre o país. Nas súas reivindicacións hoxe contaron co apoio de deputados de PSdeG, AGE e BNG.

A Quintana ateigada na manifestación de ContraMINAacción en Santiago
A Quintana ateigada na manifestación de ContraMINAacción en Santiago | Fonte: anfigorey

Manifestación contra a megaminería de Brais Romero en Vimeo.

Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia | Fonte: Salvemos Cabana
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia | Fonte: Salvemos Cabana
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia | Fonte: Salvemos Cabana
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 77 comentarios

23 Tur

É unha lastima que esta xente intente apropiarse de todo, non se dan conta que non é unha loita porlitica nin de siglas nin de cores, é unha loita contra a destrucción de Galicia. Deixadevos de bandeiras e loitade por Galicia.

22 chisco

Foi de todo lamentable.Na súa maior parte, as bases dos bloqueiros e tamén "grupos" creados para a ocasión con carné de partido, como no caso no de Becerreá e outros.Non sei que foi pior,si os manifestos ou as bandeiras.Merdento e para non repetir.

21 Bandeira

Patético o comportamento do BNG, que se retrata a si mesmo, querendo pasar por diante dos colectivos convocantes. Sempre fan o mesmo. Do comportamento de Lobeira, mellor calar

1 Bandeira

Que o Chatarras, usando agora o nome de Bandeira, critique o comportamento de calquera é un despropósito; por que non se mira o espello -ao mellor racha-.

20 Mongolia profunda televisión

Fai falla ser ben parvos, pra tragar o das decisións de políticas económicas, cando tratase de economía política en realidade. Tratase de decisións ideolóxicas políticas que orientan a materia económica coma sempre aconteceu -por moito co disfracen- deberá seguir ocurrindo pois cousa ben distinta é a quén beneficia ditas decisións políticas-económicas. Todo está inspirado na ideoloxia política dos Chicagos Boys, pais do neo liberalismo fascistoide e escravista actual.

19 A miña bandeira sempreo

Teñen medo os oportunistas de que se saiba quenes están e con quén, e non queden co cú ao ar, coma sempre. De todalas ideoloxias políticas, ningunha mais perversa que a apolítica, antesala dos fasvismos. José Antonio: "no somos de derechas ni de izquierdas". Franco: "haga como yo y no se meta en política". Mussolini: "nós imos mais aló da fidelidade política e da propia política". Neoliberais e ultra liberais: "a política e os políticos pra o desmantelamento e apropiación do público". Nova orde mundial Bildeberg: "sen intermediarios políticos se explota millor"

1 Omeucuemeu

O unico cu que se viu o domingo foi o cu dos bloqueiros e demais fauna, que representan a unha minima parte da sociedade galega pero que alborotan por 3o millhoes de perssoas