Éxito da protesta contra a minería

"Galicia non é unha mina. Defende a terra, defende a vida" foi o lema da manifestación que ateigou Santiago este domingo. Os convocantes alertan que hai máis de 500 explotacións mineiras en estudo. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/06/2013 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

Varios milleiros de persoas tomaron este mediodía as rúas de Compostela. Os cidadáns protestaron contra as reformas legais impulsadas pola Xunta que, na opinión dos convocantes, faculta a "megaminería salvaxe". A manifestación foi un éxito de asistencia, pois conseguiu encher a Praza da Quintana.

A Plataforma ContraMINAacción alerta que o Goberno Galego ten en marcha proxectos para a apertura de até 520 explotacións mineiras. A mina a ceo aberto para sacar ouro en Corcoesto e a explotación de fesdelpato na Limia son só os dous proxectos máis coñecidos, por estar máis avanzado a súa tramitación.

A Plataforma, que aglutina a colectivos cidadáns de afectados, ecoloxistas e outras organizacións do rural, culpa ao PP da ofensiva mineira que sufre o país. Nas súas reivindicacións hoxe contaron co apoio de deputados de PSdeG, AGE e BNG.

A Quintana ateigada na manifestación de ContraMINAacción en Santiago
A Quintana ateigada na manifestación de ContraMINAacción en Santiago | Fonte: anfigorey

Manifestación contra a megaminería de Brais Romero en Vimeo.

Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia | Fonte: Salvemos Cabana
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia | Fonte: Salvemos Cabana
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia | Fonte: Salvemos Cabana
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 77 comentarios

13 Maragota

Isto xa semella o dos campos de futbol e canchas de baloncesto nos que a policia espanhola prohibe símboloxía nacionalista. Cadaquén debe ser libre de levar a bandeira que queira, estas non son o problema.

1 Buli

Para ti nom Maragota, mas perece que para outros si, a bandeira galega produze lhes nojo. Que vaiam ranhá-la.

2 Coiro

Maragota: certo, as bandeiras non son o problema mais tampouco axudan a solucionalo. Imaxínaste que empecen a gañar protagonismo as españolas republicanas, sentiríaste cómodo ao pe delas? Buli: A bandeira galega ten un símbolo que non é unha resesa, anacrónica e pouco representaiva estrela vermella.

3 XanKaraLlás

A bandeira española republicana está moi ben (unha España cun contido social e político progresista iríalle moito mellor a Galiza) e a bandeira galega coa estrela vermella paréceme o ideal, e o que é anacrónico é o símbolo que leva agora oficialmente esa bandeira.

4 Maragota

Mira Coiro,a estrela vermella identifícame A MIN como persoa comprometida coa loita pola emancipación do pobo galego. O único reseso e anacrónico é que na Galiza non nos sintamos orgullosos do que somos e, sobre todo, do que queremos ser.

12 ouronovo

http://www.diarioliberdade.org/gali...,-nom-se-pode-vetar-a-bandeira-da-galiza.html

11 Contraminate

Momentos de gran tension hoxe na manifestacion en contra da mina de corcoesto. Un rapaz dunha das aldeas afectadas polo proxecto mineiro achegouse a cabeceira da pancarta do BNG para recriminarlles que se puxesen diante de colectivos que convocaron a manifestacion. Bieito lobeira achegouse violentamente a este rapaz e cun tono moi agresivo berroulle que se a eles non os deu calado franco que el tampouco os ia a calar. Tras un rifi rafe e intercambio de palabras o rapaz marchou para que o enfrontamento verbal non fose a mais.

1 Bandeira

Pensa o españolismo que co caso Pétain xa ten todo feito, pois vai ser que non; estamos na nosa pátria e temos a intención de levar a bandeira a donde consideremos; hai outros/as que van contentes coa española (republicana), alá eles. Ben polo Bieito.

2 Cidadan

Parece que a xente do BNG non sabe ler: Salvemos Galicia convoca á sociedade civil a manifestarse contra a minaría tóxica o próximo 2 de xuño en Santiago de Compostela baixo o lema "Galicia non é unha mina. Defende a terra, defende a vida". E únha convocatoria unitaria, "sen logotipos" e "aberta a todas as persoas e organizacións que desexen participar".

3 Bandeira

Iso de que non sabemos ler xa o dixo hai pouco o PP no Parlamento; mais sabemos ler e interpretar o escrito.

4 Cidadan

Aínda defendes a actitude violenta de Bieito Lobeira. O BNG perdeu totalmente o norte.

5 Ifs

BNG= Cancro deste país

6 Verme

Moi ben por Lobeira. Moi mal polos sectarios que queren afundir o nacionalismo histórico

7 eue

Non se trata de que queiran lucir as súas siglas (como por ex. fixo Causa Galiza ou Nós UP), senón que en Carballo teñen cristo porque queren ir na cabeceira e os convocantes non lles deixan, en Compostela poñense adiante de todo na Alameda, bótanos e logo colanse diante de algúns dos colectivos convocantes para acabar con estas actitudes dun peso pesado coma Lobeira. Con estes aliados políticos calquera victoria social é a hostia. O BNG con esta actitude demostra que lle importa ben pouco a mina e o único que quere é deixar ver as siglas.

10 Leda

Como sempre o BeEneGué retratándose... canta máis xente se animaría a estar aí, eu a primeira, se non intentaran coma sempre sacar rédito político.

1 Buli

nom Leda, a que te retractas es ti, o teu seitarismo e odio nom te deixa ver que es ti e os que opinam coma ti os sectarios. Aceito que che dé asco a bandeira galega, pero em todo caso é o teu problema, nom o meu. Levarei a bandeira a canta manif vaia, e se prefires ficar na casa para nom sentir asco de ver a bandeira galega, alá tu, a mim nom me vades coaccionar e teredes que fazer algo mais que insultar se queredes que renuncie aos nossos símbolos.

2 Ameneiro

E logo a bandeira galega é o símbolo do BNG? desde quando meu? E non creo que se fale da bandeira que cada quen poida ter na casa, falo do feixe de bandeiras co anagrama do BNG que levaron duas persoas ás 11.50 ate a fonte da Alameda e logo foron-se repartindo. Coido que non é o mesmo.

3 Leda

Aprende a ler Buli :) ... e a falar galego, non se di 'non te deixa' dise 'non che deixa'. Deixate de vitimismos home, e abstente de valorar o meu patriotismo que lle dá mil voltas ao teu. Non falei da bandeira, falo das bandeiras do BNG e demais gandallada.

9 Miriam

Bravo!!;Galicia sá é o ouro máis grande que temos hoxe e no futuro;loitaremos cós sin cabeza ambiciosos.Bravo!!!

1 opacanido

En Ferrol tamén houbo unha gran mobilización, parece que Galicia Confidencial non o sabía

2 Para opacanido

Vai a esixir a Sermos Galiza, que é onde a CIG inviste o diñeiro das túas cuotas de afiliación.

3 opacanido

Nin leo o Sermòn Paliza, nin son afiliado da CIG

4 Miriam

Eu non estou afilidada a nada ,non sei con quen me confundes,estou afiliada a xente traballadora,honesta e de ben e que ama Galicia,así de simple non hai máis segredos nin voltas que dar,para mín,que sei quen son claro......

5 Miriam

Vale,disculpas non era en resposta a mín,aínda así creo que se debe respetar liberdades de elexir e pensar. Creo no Pobo,o que vive a realidade!real¡; anque a veces cheguemos polos pelos as situacións ou incluso xa hai que loitar o que roza o subrealismo;pois é a quen estou afiliada, e os que teñen un cargo de representación sexa da bandeira que sexa e o da cor, e lle fan honor a tal cargo,o que necesita ver o pobo e feitos.Do resto o noso monte Galego Fermosísimo,no que seguro do que a maioría disfrutamos ó aire e da paisaxe o que non pódemos deixar é que o enfermen e non poder difrutar do que temos que xa é ouro só fai falla darse conta.O ouro que saquen non nos vai pagar o dano que farán,que non nos engañen.O ouro non nos delverá o aire,nin os montes,nin a auga dos ríos,nin a fauna.Non ten precio o ouro que podan sacar,para sacar billetes,non paga o resto.É una pena,despois por queimar monte cárcere;pero por isto non??.