Éxito da protesta contra a minería

"Galicia non é unha mina. Defende a terra, defende a vida" foi o lema da manifestación que ateigou Santiago este domingo. Os convocantes alertan que hai máis de 500 explotacións mineiras en estudo. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/06/2013 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

Varios milleiros de persoas tomaron este mediodía as rúas de Compostela. Os cidadáns protestaron contra as reformas legais impulsadas pola Xunta que, na opinión dos convocantes, faculta a "megaminería salvaxe". A manifestación foi un éxito de asistencia, pois conseguiu encher a Praza da Quintana.

A Plataforma ContraMINAacción alerta que o Goberno Galego ten en marcha proxectos para a apertura de até 520 explotacións mineiras. A mina a ceo aberto para sacar ouro en Corcoesto e a explotación de fesdelpato na Limia son só os dous proxectos máis coñecidos, por estar máis avanzado a súa tramitación.

A Plataforma, que aglutina a colectivos cidadáns de afectados, ecoloxistas e outras organizacións do rural, culpa ao PP da ofensiva mineira que sufre o país. Nas súas reivindicacións hoxe contaron co apoio de deputados de PSdeG, AGE e BNG.

A Quintana ateigada na manifestación de ContraMINAacción en Santiago
A Quintana ateigada na manifestación de ContraMINAacción en Santiago | Fonte: anfigorey

Manifestación contra a megaminería de Brais Romero en Vimeo.

Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia | Fonte: Salvemos Cabana
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia | Fonte: Salvemos Cabana
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia
Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia | Fonte: Salvemos Cabana
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 77 comentarios

8 Quintá

Medio millón de gorxas berranron na Quintana contra as megaminas contaminantes. Que haxa bandeiras, sempre que non sexan de gaivotas, paréceme ben.

7 Antón

o problema son as bandeiras... claro, claro...

6 gonzalezvillamarin

La respuesta del Jefe indio Seattle,piel roja a Franklin, presidente de EEUU que les quería comprar sus tierras en 1854..."Cada pedazo de esta tierra es sagrado para mi pueblo, cada aguja brillante de pino, cada grano de arena de las riberas de los ríos, cada gota de rocío entre las sombras de los bosques, cada claro en la arboleda y el zumbido de cada insecto son sagrados en la memoria y tradiciones de mi pueblo. La savia que recorre el cuerpo de los árboles lleva consigo los recuerdos del hombre piel roja... en cambio nuestros muertos, nunca pueden olvidar esta bondadosa tierra, pues ella es la madre del hombre piel roja. Somos parte de la tierra y ella es parte de nosotros. Las flores perfumadas son nuestras hermanas, el venado, el caballo, el gran águila, todos son nuestros hermanos. .. " http://aumartin.webs.ull.es/Carta%2...

1 buli

ondiá! o chefe índio falava espanhol! ;-)

2 gonzalezvillamarin

Por buli, entra na páxina web que tes enriba e lee. O xefe indio non sabía nin ingles, nin español, pero igual sí galego, pois o galego é unha lingua da alma, do paisaxe, que entende de rios, de praderas, de bosques, de vida... o mesmo que o idioma dos indios pel roja.Ao castelá fáltalle a alma, a sonoridade, a entonación, o agarimo dunha lingua musical. E ao inglés, nos sentimentos ten aínda maís carencias.

5 GzVideos

Video da manifestación por GzVideos: http://youtu.be/cevLnTDSAEc Galería de imaxes: http://www.flickr.com/photos/gzvide...

4 Xan

Deixémonos de parvadas e de loitar entre nós que a amenaza é moi serio i o enemigo moi poderoso. Non puiden acudir a mani ao meu pesar pero unha cousa é levar bandeiras como a republicana (que tamén se viu) ou a do cangrexo e outra a de un partido. Somos plurais, non vexamos esa pluralidade, que hai que garantir, como unha amenaza. Xuntos nacionalistas galegos e republicanos españois, ecoloxistas, veciños. Esa é a nova. Un éxito que debe ser so o primeiro paso. Xuntos podemos, paremos a estes criminais, Galicia non é unha mina

1 Xan

Amplio. Vexo por outras imaxes que o BNG e Galiza Nova efectivamente levaron bandeiras das súas formacións. ¿É este momento de facer campaña electoral? COmpañeiros, se realmente vos preocupa o motivo da mani ¿non vos decatades de que con eso perxudicades a trasversalidade que debe ter este movemento? Recapacitade, é o país o que está en xogo

2 perohaiquereflexionar

Non vexo que ningunha bandeira vaia prexudicar nada. Non entendo tanto medo nin rexeitamente a unhas bandeiras, nin comparto en absoluto que a transversalidade corra perigo por esa cuestión. O que está a pasar no país é froito de decisións políticas, así que é máis que lícito que aquelas organizacións de calquera tipo que estean en contra se manifesten e visibilicen.

3 Xan

Todo é moi lóxico, outra cousa e que sexa productivo. Desde logo non resulta productivo para o movemento unha guerra de siglas pola hexemonía. É máis, quen rompa esa norma non sairá beneficiado, como espera, senon máis ben ao contrario. Os tics do tipo "eu fago o que me peta" teñen un prezo, xa se viu na nosa historia política recente. Somentes aprende aquel que recoñece os seus erros e non os repite, senón está condenado.