Galicia, por baixo da media estatal na taxa de emprego dos titulados en FP

Por contra, a comunidade rexistrou en 2019 a maior porcentaxe de traballo entre os alumnos que abandonaron a ESO (67,3%)

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

Galicia sitúase por baixo da media na taxa de emprego dos titulados en ciclos formativos de grao medio e superior, cunha 73,7% fronte ao 74,6% e a 79,1% fronte ao 79,5%, respectivamente.

Con todo, Galicia rexistrou en 2019 a maior taxa de emprego dos alumnos que abandonaron a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), cun 67,3%. Así se desprende da enquisa de transición educativa-formativa e inserción laboral que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pola súa banda, as maiores taxas de emprego dos titulados en ciclos formativos de grao superior déronse en Cataluña (87,6%), A Rioxa (87,2%) e Aragón (87,0%). E as menores en Canarias (68,1%) e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla (63,6% e 66,2%, respectivamente).

Mentres, as maiores taxas de emprego dos titulados en ciclos de grao medio déronse en País Vasco (85,7%), Comunidade Foral de Navarra (85,2%) e Cantabria (82,1%). E as menores na cidade autónoma de Ceuta (64,6%), Rexión de Murcia (67,0%) e Andalucía (69,0%).

BACHARELATO

Pola súa banda, a porcentaxe de titulados en Bacharelato que decidiu continuar no sistema educativo o curso seguinte superou o 87% en todas as comunidades. As maiores porcentaxes déronse en Comunidade Foral de Navarra (97,2%), Estremadura (96,2%) e Aragón (95,5%), e no caso de Galicia situouse no 89,2%.

ESO

Por último, as maiores taxas de emprego dos alumnos que abandonaron a ESO observábanse en 2019 en Galicia (67,3%), Cataluña (58,9%) e Aragón (56,5%). Pola contra, as menores taxas déronse na cidade autónoma de Ceuta (26,8%), Principado de Asturias (34,7%) e a Cidade Autónoma de Melilla (35,9%).

Alumnos dun centro de FP. IREKIA - ARQUIVO
Alumnos dun centro de FP. IREKIA - ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta