A Xunta licitará en decembro a redacción dos proxectos das seguintes fases do novo Chuac

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A Xunta licitará en decembro a redacción dos proxectos das seguintes fases do novo Chuac, segundo manifestou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, tras unha reunión coa xunta reitora do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos.

Para o desenvolvemento desta actuación, apelou á colaboración dos enxeñeiros, entre outros profesionais, reivindicando, ademais, que para a Administración autonómica se trata dunha actuación "prioritaria".

"Que non admite perder tempo, nin ter dúbidas, nin ter atrasos", recalcou sobre unha actuación da que lembrou que xa está adxudicada a fase cero. Ao fío diso, avanzou que en decembro se licitarán a redacción dos proxectos das seguintes fases. "É un paso adiante decisivo para seguir avanzando no novo Chuac", sentenciou.

Chuac. CHUAC - Arquivo
Chuac. CHUAC - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta