Traballadores do Concello do Carballiño declaran no xuízo contra Pachi Vázquez que renovaban os contratos cada ano

Continúa o xuízo contra o exacalde e catro exedís pola contratación de 60 persoas.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 27/11/2020 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

Na quinta sesión do xuízo no que se acusa dun delito de prevaricación ao que fora líder do PSdeG Pachi Vázquez pola contratación de 60 persoas durante a súa etapa como alcalde do Carballiño, outros dez traballadores declararon que "asinaban" e "continuaban traballando" para o Consistorio, xa que os seus contratos se renovaban cada ano.

O exalcalde do PSdeG e actual concelleiro no Carballiño por Espazo Común, Manuel 'Pachi' Vázquez e a exconcejala de Asuntos Sociais, Elisa Domíngez; sentados no banco dos acusados. Rosa Veiga - Europa Press
O exalcalde do PSdeG e actual concelleiro no Carballiño por Espazo Común, Manuel 'Pachi' Vázquez e a exconcejala de Asuntos Sociais, Elisa Domíngez; sentados no banco dos acusados. Rosa Veiga - Europa Press

Do mesmo xeito que os empregados que prestaron declaración na xornada do xoves, as dez persoas que compareceron este venres mostraron un mesmo guión sobre como chegaron aos distintos postos. Mecánicos, carpinteiros, auxiliares e axentes de Policía Local, integrantes da axuda a domicilio... todos sinalaron que comezaban con contratos anuais e que se renovaban a inicios do ano seguinte.

"Non o lembro, só recordo que asinaba e continuaba traballando" foi a frase máis repetida xunto con "hai tanto tempo que non o lembro con exactitude" e "só sei que nunca deixei de traballar".

A través destas afirmacións sucedéronse nesta xornada un monitor deportivo, dous axudantes a domicilio, un bibliotecario, traballadores de obras, persoal do departamento de intervención e unha das traballadoras sociais, cada un deles apelando a que cumpría os requisitos para os distintos postos dos que forman parte.

Pola súa banda, as traballadoras de axuda a domicilio ratificaron o que xa expuxeran as súas compañeiras nas xornadas anteriores. Así, dixeron que pasaron de pertencer á Mancomunidade a depender do Concello de Carballiño, administración para a que realizaban os mesmos servizos. Ademais, dixeron que, tras anos de contratos anuais, engrosaron a lista de contratos indefinidos.

Pola súa banda, outros dos traballadores chamados nesta xornada sinalaron que tiveron "entrevistas persoais coa secretaria e un concelleiro" pero afirmaron non lembrar "con exactitude" que concelleiro era.

Así mesmo, apuntaron que, aínda que os contratos que asinaban tiñan unha duración anual, para acceder ao posto ao ano seguinte, tras a prórroga, "non era só asinar e xa", senón que "había outro proceso de selección que consistía nunha nova entrevista".

A pesar de que a fiscal lles pediu que fosen máis precisos, os traballadores limitáronse a manifestar que non lembraban moi ben o proceso.

CONTABLES

Aínda que a declaración da interventora está prevista para o próximo 3 de decembro, este venres compareceu unha das contables cuxa declaración se mantivo en que "non lembraba" quen lle fixo a entrevista ou onde fora realizada.

Por iso, Fiscalía incidiu en que se trata dunha "situación estraña" posto que "outros traballadores poden non lembrar os sucesos porque levan moito tempo xubilados" pero, no caso da contable, segue formando parte do persoal administrativo e, por tanto, "debería coñecer aos traballadores e as dependencias da Casa Consistorial".

A testemuña incidiu en que non o lembraba e que só podía asegurar as funcións que realizaba e continúa facendo. "Non realizo ningún tipo de informe, só me dedicaba a meter os datos no computador", dixo. No entanto, o que si lembraba con claridade é que cada 31 de decembro, desde o 2004 ata o 2006, "botábana " e o 1 de xaneiro do 2007 fixérona " indefinida". "Hai cousas para as que un ten boa memoria", reprochoulle a fiscal.

A traballadora social, que tamén segue formando parte do persoal laboral, aludiu a que entrou no Concello no 2003 a través do Plan labora pero que non tivo contratos laborais anuais, senón que se presentou "ás prazas a través da Oficina de Emprego" e que, no 2010, reclamou a súa condición de indefinida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta