A Xunta di apostar pola produción e participación para que a cultura siga segura no 2021

No Culturgal avanzaron que xa traballan en máis de mil eventos que van dende exposicións a espectáculos, concertos, festivais o congresos.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 28/11/2020 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia está presente, un ano máis, en Culturgal, a gran cita das industrias culturais que celebra a súa 13ª edición con máis de 70 propostas culturais nos ámbitos da música, escena, literatura, arte e ciencia. Trátase dunha edición marcada pola crise sanitaria, que leva a cabo adaptándose ás restricións a través de iniciativas en liña.

No marco da programación prevista para este sábado, o Goberno galego ofrece un avance da súa programación cultural para o próximo ano. Neste sentido, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o de Política Lingüística, Valentín García, incidiron na necesidade de fomentar a produción cultural nas súas diversas vertentes, así como de estimular a oferta e a participación social.

Así, a Consellería de Cultura traballa xa na configuración de máis de mil eventos que van desde exposicións, espectáculos, concertos e proxeccións ata talleres, festivais e congresos.  
O obxectivo da Xunta neste sentido que a cultura siga de maneira segura durante o próximo ano, para o que os orzamentos recollen un 27,4% máis de investimento en 2021 no campo cultural, dando así continuidade ás medidas do Plan de Reactivación.

Nesta liña, os representantes autonómicos explicaron que tamén levarán a cabo programas de dinamización cultural no ámbito da lectura, do audiovisual, das artes escénicas e musicais, así como das artes plásticas e da proxección exterior da cultura galega.

CULTURA DIXITAL E COOPERACIÓN

Ademais da programación cultural, no marco de Culturgal, abórdanse os retos da cultura dixital e da cooperación entre Galicia e a cultura lusófona a través dos programas Nortear, aRi[t]mar e diversas actividades que levan a cabo por medio do sistema educativo e da Agadic.

No campo lingüístico, a xornada inclúe as obras e proxectos 'Chegar a Galicia, Chegar ao mundo' ou 'Unha xustiza en diálogo co país. Conversacións con Carlos Varela', ademais do programa de dinamización para profesorado e alumnado '21 días co galego e +'.

En primeiro plano, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo
En primeiro plano, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta