Vendido e logo retirado marisco de Muros-Noia polo seu mal estado

Plademar denuncia "abandono" por parte da Xunta ao informar tarde das analíticas que obriga a 1.500 profesionais a perder toda unha xornada de traballo.

Por Galicia Confidencial | Noia | 29/11/2020 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

As capturas de marisco da ría e Muros-Noia vendidas en lonxa o pasado xoves tiveron que ser devoltas polos compradores, unha vez que se decataron que o marisco se encontraba en mal estado.  Unha situación provocada polo "mal funcionamento" do INTECMAR, organismo dependente da consellería do Mar, e órgano encargado de realizar as analíticas das augas das rías galegas para comprobar se o marisco é ou non apto para o seu consumo.

Mariscadoras anciñando a area | Cedida polo Museo do Mar de Galicia e e Asociación de Mariscadoras de Moaña
Mariscadoras anciñando a area | Cedida polo Museo do Mar de Galicia e e Asociación de Mariscadoras de Moaña

"As mariscadoras e mariscadores da ría de Muros-Noia estamos desoladas e embargados por un sentimento de orfandade, de abandono ao destino, por parte de institucións públicas que foron creadas precisamente para atender e auxiliar certas tarefas consubstanciais coa actividade do marisqueo",  denuncian desde Plademar.

Esa asociación denuncia a "persistente dinámica de deficiente funcionamento" do INTECMAR que "non alertou ao seu debido tempo á Confraría de Noia" para que os mariscadores e mariscadoras se abstiveran de ir a faenar o xoves, 26 de novembro, xa que os índices de toxina, segundo se sabe agora, estaban moi por enriba do legalmente permitido. 

 

Unhas perdas cuantiosas que ten que afrontar a propia confraría e non a Xunta. Por iso, Plademar, pide que sexa a Xunta "a que se faga responsábel dos danos económicos causados pola inoperancia do INTECMAR" e lembra que esta campaña 2020/2021 comezou moi frouxa: marisco escaso e prezos baixos e coa hostalaria semifechada.

"É precisamente nestas situacións críticas que, o que se agarda das institucións públicas é unha axuda de úrxencia para poder superalas. É triste, mais a Xunta de Galicia fai ao revés, en lugar de botar unha man o que fai e manter o estado de mal funcionamento do INTECMAR, para complicarlle ainda máis a vida ao sector marisqueiro", engaden desde Plademar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta