O BNG votará non ou absterase nos PGE, mentras Sánchez pacta con Bildu e ERC

Os nacionalistas galegos din que é pola falta de investimentos para Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2020 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, descartou o voto positivo aos orzamentos xerais do estado por parte do deputado do Bloque no Congreso, aínda que aínda se debate entre o non e a abstención, para o que haberá que esperar ata o xoves e a se hai algún avance con respecto ás peticións.

"Galicia queda descolgada da foto", lamentou este luns en rolda de prensa Ana Pontón, quen arremeteu contra os partidos políticos que gobernan agora, así como contra o PP e o seu presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, a quen acusou de non "liderar" unha proposta alternativa.

Pontón dixo que "non é só unha cuestión numérica", sobre o cal lembrou un "recorte do 11 por cento" nos investimentos a Galicia, senón tamén "cualitativa". "Non hai ningunha cuestión importante. Estamos a xogarnos investimentos estratéxicos", aseverou Pontón, quen indicou que os deputados electos por Galicia "no canto de traballar en contra do BNG, fágano a favor de Galicia" para que haxa "unha boa noticia": "estamos a xogarnos máis que un millón arriba ou un abaixo".

A tamén deputada nacionalista sinalou que "se estes van ser os últimos" orzamentos expansivos de Galicia, "que espera a Galicia se non facemos valer" agora a súa situación. Ademais, advertiu de que outros territorios con AVE en marcha --xa que se xustificou unha baixada de investimento a Galicia polo final desta obra-- manteñen un orzamento crecente

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, en rolda de prensa este luns 30 de novembro
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, en rolda de prensa este luns 30 de novembro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gaiker

Agora é cando se ve que o único escano do BNG non vale para absolutamente nada. E máis se ese escano o ocupa alguén tan mediocre e incapaz coma Rego. Galiza pintaba algo con seis escanos. Con un non pinta nada. Disfruten do votado.

1 Sentidiño

Non entendo... Podemos sacou cero? E por iso Galicia agora non conta nada? Repasa os resultados, veña... (22 españolistas, e máis Néstor Rego).

2 Sentidiño

Gaiker, Orduño e Roxalía din o mesmo, ao mesmo tempo... Serán conviventes? 😉