O Sindicato Labrego denuncia "opacidade" da Xunta nas decisións sobre a praga da pataca

O Sindicato pide a Medio Rural que publique os datos da mostraxe de 2020 que xustifican o peche e levantamento das prohibicións en cada un dos concellos afectados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2020 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncia "opacidade" da Xunta nas decisións sobre a praga da pataca. Critica que se descoñece que datos motivan a apertura nuns municipios e o mantemento do peche noutros.

Sobre o recente levantamento da prohibición de plantar pataca nalgúns municipios da Mariña, o Sindicato Labrego lamenta que esta decisión "seguiu o mesmo procedemento que o da súa imposición e a súa prórroga durante este catro anos pasados: a opacidade".

Tamén di descoñecer por que se emprega o límite municipal fronte ao parroquial á hora de abrir e pechar territorios, xa que denuncia a "inexistencia dunha fonte transparente de datos sobre as capturas" da couza guatemalteca.

E é que reproba que a Consellería de Medio Rural non incluíu as organizacións agrarias "nin no deseño da estratexia nin no seu seguimento", mentres "tampouco foron incluídas as explotacións que se dedican profesionalmente á produción de pataca". Ademais, quéixase de decatarse polos medios dos últimos levantamentos sen "ningunha información oficial".

Por todo iso, o SLG pide a Medio Rural que publique os datos da mostraxe de 2020 que xustifican o mantemento do peche na maioría de concellos da Mariña, á vez que demanda unha maior "cooperación e transparencia" en beneficio do agro.

Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo
Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 garulo

Se esta prohibición a fixesen os outros quen os vería... E os lambecús estarían protestando a todas as horas dicindo que non lles deixan vivir... Agora comemos patacas de Cartagena e de Franza. No problem. O deste país é patético. Igual que en certa zona do sureste de GZ que tiñan toneladas de patacas porque as reservan para restaurantes e despois houbo que subvencionalos porque co covid non había demanda. É o de nin comes nin deixas comer.