Valdeorras no 'Verema Global Wine' de Madrid

Os mellores viños da D.O. Valdeorras estiveron presentes estes días no Green Park de Madrid, un espazo para eventos emprazado na rúa de Salamanca, en pleno distrito financeiro da capital.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 02/12/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Na estratexia do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, encamiñada a promover os caldos do territorio protexido a nivel nacional e internacional, chegaron a Madrid para estar presentes en "Verema Global Wine", un interesante evento con dúas xornadas de intensa intensa actividade arredor do viño. 

Verema Global Wine, 2020. Foto: Prensa CRDO Valdeorras.
Verema Global Wine, 2020. Foto: Prensa CRDO Valdeorras.

Adegas, distribuidores, enólogos, elaboradores, sumilleres e profesionais do sector déronse cita neste foro no que se expoñen viños procedentes de diferentes denominacións de orixe españolas e no que se divulga, ademais, a cultura do viño a través de ponencias específicas a cargo de especialistas de Master of Wine. O evento celebrouse no marco dun estrito protocolo de seguridade para adaptarse ás circunstancias sociosanitarias actuais.

MÁIS DE 74.000 USUSARIOS REXISTRADOS

“A través desta iniciativa, apostamos por afianzar a nosa presenza no mercado madrileño, nun ano no que ten sido moi difícil realizar promoción por mor da pandemia. Facémolo da man de Verema, entidade que aglutina unha das comunidades de aficionados ao viño e á gastronomía mais representativas do mundo de fala hispana, con máis de 74.000 usuarios rexistrados”, comentaba o presidente do organismo, José Luis García Pando.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta