A Xunta anuncia un "novo deseño do modelo de residencias" sen cuestionar a titularidade privada

Política Social destina un 25% máis a coordinación sociosanitaria e comezará xa a deseñar o novo modelo residencial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2020 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A necesidade dunha mellor coordinación entre aspectos sociais e sanitarios evidenciada pola pandemia de covid-19 terá o seu reflexo nos orzamentos da Consellería de Política Social para o próximo ano 2021, no que a nova Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria recibirá 197 millóns de euros, un 25% máis que o consignado para as súas competencias no actual exercicio.

Será nun contexto no que, ademais, levará adiante o deseño dun novo modelo de residencias de maiores e persoas con discapacidade, centrado, sobre todo, dixo, "en melloras de funcionamento, estruturais e de coordinación sociosanitaria que puxo de relevancia a pandemia" pero sen poñer en dúbida a titularidade privada de moitos destes centros. Este deseño arrincará en "as próximas semanas", coa constitución do comité asesor que traballará no proceso.

Así o avanzou a conselleira de Política Social, Fabiola García, que compareceu na Comisión de Economía para dar conta dos orzamentos do seu departamento para o próximo ano, unhas contas "asentadas nas dificultades do presente, pero coa vista posta nos retos do futuro".

A conselleira, que iniciou a súa intervención cun recoñecemento aos traballadores dos centros sociosanitarios, sinalou que o seu departamento contará o próximo ano con 894,4 millóns de euros, un 15,3% máis que este ejecicio e "un 90% máis" que en 2009, no que supón "o maior investimento da historia" de Galicia no ámbito social.

INTEGRACIÓN SOCIOSANITARIA

Entre outros departamentos, Fabiola García referiuse a a recentemente creada Direccion Xeral de Atención Integral Sociosanitaria, que traballará en mellorar a coordinación entre estas áreas "non só para responder as urxencias actuais, se non para sentar as bases dun sistema útil de face ao futuro".

Neste departamento, destacou partidas relacionadas cos gastos covid, como os 21,5 millóns para a posta en marcha e mantemento de residencias integradas para persoas maiores infectadas "nos momentos e lugares onde se necesiten" e para subministración de material de protección.

Fotos Xunta / Política Social / Comisión 3. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta / Política Social / Comisión 3. Xunta de Galicia / Europa Press

RETO DEMOGRÁFICO

Noutra orde de cousas, Fabiola García volveu a pór o reto demográfico como "a principal hipoteca" para o futuro de Galicia e comprometeu o apoio do Goberno galego ás familias. "Apoiar ás familias galegas non significa apoialas sempre cando teñan fillos, non é un apoio condicional, significa darlle as facilidades para que cada cal poida levar adiante a súa propio modelo de fogar", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Santolina

Jjjjjjj