Dez falecidos por covid, un deles un mozo de 28 anos dun centro de discapacidade, a persoa máis nova en Galicia

En concreto son cinco homes e cinco mulleres. O número total de mortes ascende na nosa comunidade a 1.221.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2020 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

As vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia eleváronse a 1.221, tras falecer nas últimas horas outras dez persoas diagnosticadas con covid-19, dúas delas procedentes de residencias de maiores e un mozo de 28 anos usuario un centro de discapacidade.

En concreto, segundo os datos facilitados este martes pola Consellería de Sanidade, trátase de cinco homes e cinco mulleres. Todos eles presentaban patoloxías previas.

No Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) faleceron unha muller de 88 anos e un home de 68. Ademais, tamén perdeu a vida un home de 84 anos no Hospital HM-Modelo Belén da Coruña.

No Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) faleceu un mozo de 28 anos procedente do centro de discapacidade DoralResidencias. Trátase da persoa máis nova falecida en Galicia.

No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) morreu unha muller de 67 anos e un home de 97. Así mesmo, faleceu unha muller de 86 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e un home de 93 anos no Hospital do Salnés.

Pola súa banda, no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) perdeu a vida unha muller de 82 anos procedente da Residencia San Salvador de Guntín, e outra de 74 anos usuaria do Asilo de Vilalba.

Un traballador sanitario totalmente protexido d-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 20. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido d-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 20. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta