A proposta da Xunta para o nadal: reunións sen límite de persoas pero cun máximo de dúas unidades familiares

A decisión final depende do Goberno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

A proposta da Xunta de Galicia para regular os encontros durante o próximo Nadal pasa por limitar as reunións a un máximo de dúas unidades familiares, aínda que con independencia do número de persoas que implique. Así o avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante unha comparecencia para explicar as medidas adoptadas polo comité clínico na súa reunión deste martes.

Preguntado acerca das medidas para o próximo Nadal, Núñez Feijóo explicou que a proposta da Xunta pasa por non centrarse no número de persoas, senón nas unidades familiares. En concreto, Galicia aposta por limitar a dúas unidades familiares distintas as ceas e comidas de Nadal e pide que, no posible, sexan as mesmas persoas para os diferentes encontros ao longo destas datas.

A maiores, para aquelas persoas que non conten como núcleo familiar ou no caso de que o Goberno central non acepte a proposta de unidades familiares, a Xunta propón que non conten nos máximos de persoas os nenos menores de 10 anos.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello da Xunta. DAVID CABEZÓN @ XUNTA
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello da Xunta. DAVID CABEZÓN @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta