Garicano comprométese con comerciantes a "facer o posible" en Europa para que se prorrogue o Xacobeo

Reivindica unha mensaxe "clara e coherente" para todo o territorio español en relación ás celebracións do Nadal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

O eurodeputado de CS, Luís Garicano, reuniuse este mércores cos responsables da Asociación Comercio Punto Compostela na capital galega, onde trasladou varios compromisos, entre eles o de "facer o posible" en Europa para que se prorrogue o Xacobeo.

Nun contexto marcado pola pandemia, Garicano escoitou os problemas de comerciantes que traballan nos sectores da xoiaría, téxtil, recordos e artesanía, entre outros, e constatou as "importantes caídas de vendas" que sufriron.

Ao tempo, fíxose eco das súas demandas, entre as que situou de que o próximo Xacobeo 2021 "dure dous anos no canto dun". Aínda que é unha cuestión que corresponde decidir á Igrexa, remarcou o compromiso de Cs con defender esta postura nas institucións europeas, co fin de contribuír, na medida do posible, a que se adopte esta decisión.

Outras demandas das que se fixo eco é da "necesidade de axudas para dixitalizarse e poder vender en liña" tendo en conta que moitos comercios sufriron o impacto da pandemia. "Os fondos europeos poden servir para iso", esgrimiu, para engadir que tamén sería positivo aumentar a carencia para facer fronte á devolución dos préstamos ICO.

Luís Garicano (Cs) reúnese con comerciantes en Santiago.. CIDADÁNS
Luís Garicano (Cs) reúnese con comerciantes en Santiago.. CIDADÁNS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta