A Covid nas escolas: case mil contaxios, 50 aulas en corentena e 3 centros pechados

Reabre a escola infantil A Xirandola de Santiago tras permanecer case tres semanas pechada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

O número de casos positivos por covid-19 relacionados coas aulas galegas baixa do milleiro e sitúase en 998 nunha xornada na que reabriu as súas portas a escola infantil A Xirandola de Santiago, a primeira en ser posta en corentena na súa totalidade desde o arranque do curso.

Deste xeito, segundo o balance ofrecido polas autoridades sanitarias na mañá deste mércores, hai un total de 50 aulas e tres centros pechados por culpa da pandemia, que contabiliza na comunidade educativa un total de 998 casos, dos cales, case a metade se concentran nas zonas de influencia das áreas sanitarias de Vigo e A Coruña.

Así, a escola infantil A Xirandola de Santiago volve acoller os seus alumnos tras permanecer máis de dúas semanas pechadas ao detectarse casos de coronavirus. Este centro foi o primeiro en ser clausurado na súa totalidade desde o inicio de curso e convértese agora tamén no primeiro que reabre unha vez pasada a corentena.

Deste xeito, continúan pechados na súa totalidade outro tres centros educativos, todas elas escolas infantís: a da Barcala de Cambre, Chiquis de Pontevedra e a Cáritas Tui-Vigo. Así mesmo, o número de aulas en corentena descende lixeiramente este mércores a 50, unha menos que hai 24 horas.

A área de Vigo mantense unha xornada máis como a de maior número de positivos. Conta con 268 casos activos (tres menos) e 7 aulas pechadas (dúas máis), ademais dunha gardaría pechada (a Cáritas Tui-Vigo). O máis afectado é o centro privado Plurilingüe As Acacias-Montecastelo, que suma agora uns 10 contaxios (un menos).

A área da Coruña, con 218 positivos (seis menos), 14 aulas en corentena e unha escola infantil pechada (A Barcala de Cambre), ten os puntos de maior incidencia no CEIP Virxe da Barca de Muxía, con once casos e dúas aulas pechadas (unha menos), e o CEIP Fogar de Carballo e a Compañía de María da Coruña, ambos con nove casos.

En Pontevedra, pola súa banda, soben a 148 os contaxios en activo (un máis) e oito aulas afectadas (dúas menos), ademais dunha escola infantil, mentres que a área de Lugo rexistra 129 casos en centros educativos (dous menos) e nove aulas pechadas (dúas máis). O punto con máis incidencia é o CEIP Paradai, que mantén unha ducia de positivos.

RESTO DE ÁREAS

Na área de influencia da capital galega, os centros contan con 111 positivos (un menos) e seis aulas (dúas máis). En Ferrol soben a 82 os casos (un máis) e baixan a 4 as aulas pechadas (cinco menos), onde destaca o CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume, con 9 positivos e dúas unidades clausuradas. A área de Ourense pecha a táboa con 42 contaxios e dúas unidades afectadas.

Aula, colexio, foto de arquivo. EUROPA PRESS
Aula, colexio, foto de arquivo. EUROPA PRESS | Fonte: MARÍA JOSÉ LÓPEZ - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta