Bugallo asegura que a reapertura lle dá "vertixe": "O perigo está aí"

O alcalde de santiago lembra que "o toque de queda segue en vigor" e as festas en pisos serán sancionadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recoñeceu que o alivio das restricións lle dá "un pouco de vertixe" e apelou á responsabilidade cidadá para lembrar que aínda non se superou a crise sanitaria nin a situación vivida na cidade. "En absoluto, o perigo está aí", insistiu. O alcalde insistiu no traballo realizado para reducir "en cinco semanas" o volume de contaxios, que pasaron de case 500 casos activos a preto dun centenar.

"Non podemos nin debemos permitirnos que isto volva suceder", advertiu, para insistir na necesidade de controlar os grupos, as reunións familiares e que esa prudencia sexa máis "estrita" na hostalaría, tanto por parte dos profesionais como dos cidadáns a nivel individual.

Bugallo lamentou que "sería terrible" e "un mazazo" rexistrar unha marcha atrás nas próximas semanas, sobre todo "despois do sacrificio que se fixo", para o que reiterou a necesidade de "respectar as medidas de seguridade" e evitar aglomeracións.

Do mesmo xeito, lembrou, "o toque de queda segue en vigor" e as festas en pisos serán sancionadas, e advertiu de que se aplicarán as multas que sexan necesarias ante comportamentos "irresponsables e insolidarios". Bugallo referiuse, especificamente, a casos nos que as forzas policiais acoden ante unha posible festa pero non son capaces de identificar os ocupantes do piso nese momento, ante a negativa por parte dos usuarios a abrirlles a porta.

Neste sentido, advertiu de que a policía volverá outro día a identificalos e a esta sanción por incumprimento da normativa engadiráselle outra por incumprir a lei de Seguridade Cidadá, que permite multas de alcanzarían os 3.000 euros.

Santiago presenta a campaña de Nadal. CONCELLO DE SANTIAGO
Santiago presenta a campaña de Nadal. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta