A Xunta deixa sen atender 56 solicitudes de axudas para conciliar a homes e familias monoparentais

Concede 235 en total. Adapta á situación creada pola pandemia o programa de unidades formativas para persoas ocupadas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a resolución das axudas para a conciliación da vida familiar e laboral por redución de xornada de traballo para homes e familias monoparentais que terán un total de 235 beneficiarios --177 homes e 58 mulleres--, aínda que deixa 56 solicitudes sen antender porque esgotouse "o crédito dispoñible --un orzamento de 451.610 euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo (FSE).

Segundo recolle o DOG, estas solicitudes que quedan en lista de espera serían atendidas ben co crédito que quede libre se se produce algunha renuncia ou ben polo incremento do crédito orzamentario destinado a estas subvencións. Para estes efectos, a resolución engade que se poderán realizar sucesivas propostas de reolución complementarias seguindo a orde de puntuación obtida.

Nun comunicado, a Xunta remarca que a convocatoria deste ano tivo en conta as situacións laborais adversas derivadas da covid-19. A contía determínase en función da porcentaxe da redución de xornada e a súa duración, así como do número de fillos a cargo. Oscilan entre os 1.700 euros e os 3.700 para o caso de que se refiran ao máximo do período subvencionable de oito meses. En supostos de menor duración, as contías se prorratean de forma proporcional.

Un home pasea a un bebé.. EUROPA PRESS - Arquivo
Un home pasea a un bebé.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta