A RAG celebrará no outono de 2021 un congreso internacional sobre Emilia Pardo Bazán

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) celebrará no outono de 2021 un encontro internacional dedicado a Emilia Pardo Bazán (1851-1921), dentro da programación que a institución, herdeira da casa da escritora e custodia do seu arquivo e biblioteca, prevé desenvolver o ano que vén con motivo da conmemoración do centenario da súa morte.

Segundo informa, a institución participa na organización do congreso 'Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois', que xuntará a especialistas e estudiosos na obra da autora e vinculados a institucións de distintos países. As xornadas terán lugar na rúa Tabernas, sede da Real Academia Galega (RAG) e de Cásaa-Museo Emilia Pardo Bazán, segundo lembra.

O académico correspondente e catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Manuel González Herrán dirixe o comité organizador do congreso, do que forman tamén parte a académica correspondente e profesora da Universidade da Coruña (UDC), Olivia Rodríguez González; o profesor do Brooklyn College Alejandro Alonso Nogueira e o profesor da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) Santiago Díaz Lage.

As sesións estarán abertas ao público previa inscrición e tamén poderán seguirse de maneira telemática. Os traballos presentados no congreso recolleranse posteriormente en 'A Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán', que edita a Real Academia Galega.

Emilia Pardo Bazán. RAG
Emilia Pardo Bazán. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta