Os hospitais galegos teñen a mesma presión por covid que hai un mes malia o descenso de casos

Hai 414 persoas entre UCI e pranta, as mesmas que o 29 de outubro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2020 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O número de persoas con COVID ingresadas en hospitais de Galicia volveu a descender ata situarse en 414, 17 menos 24 horas atrás e 143 menos que hai unha semana. Tamén mantén a súa tendencia á baixa os ingresados en UCI, que son agora 65, dúas menos que na xornada anterior e 27 menos que fai sete días. Así se desprende da actualización dos datos de presión hospitalaria publicada na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade na súa páxina web con datos solicitados ata as 18,00 horas do mércores.

Nese momento, todas as áreas sanitarias presentaban unha baixada no número de hospitalizados con covid-19 salvo Santiago, na que aumenta a cifra de ingresados totais en tres respecto das cifras do día anterior. Deste xeito, A Coruña e Cee segue sendo a que ten máis casos ingresados en hospital, con 126 (dous menos), dos que 23 están na UCI (un máis) e 103 están en unidades convencionais de hospitalización (tres menos).

Na área sanitaria de Vigo hai 77 persoas ingresadas (cinco menos), das que 15 están en UCI (dúas menos) e 62 en planta (tres menos que o día anterior). A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés presenta unha baixada de seis no número total de ingresados, que se sitúa en 52, dos cales, 10 atópanse en UCI (dúas máis que 24 horas antes).

En Santiago aumentan os hospitalizados ata os 41 (tres máis) pero continúa relaxándose a presión sobre as unidades de críticos, que acollen nestes momentos a catro pacientes con covid-19, un menos que o día anterior. Na área de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras hai 46 persoas hospitalizadas (unha menos) e mantense en 6 o número de ingresados en UCI; mentres que na área de Ferrol baixan a 42 os hospitalizados: 37 en unidades convencionais (dúas menos) e cinco en UCI (sen cambios). Por último, a área de Lugo, Monforte e A Mariña é a que ten menos casos de COVID nos hospitais, cun total de 30, dous menos que 24 horas atrás. Deles, hai 2 pacientes en UCI (sen cambios) e outros 28 en planta.

Un paciente sométese a un test de covid-19. Rosa Veiga - Europa Press
Un paciente sométese a un test de covid-19. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta