A alcaldesa de Narón censura a xestión da Xunta coas medidas restritivas e a falta de interlocución

Ferreiro critica que o DOG coas medidas de peche perimetral aínda non estea publicado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/12/2020 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Narón (A Coruña), Marián Ferreiro (TeGa), criticou a acción e xestión do Goberno galego respecto ao peche perimetral en solitario que vai estar vixente a partir deste venres neste concello, e que vai impedir desprazamentos de entrada ou saída.

Marián Ferreiro.
Marián Ferreiro.

Ferreiro criticou que o Goberno galego comunicou a medida "ás dez de mañá de hoxe", a pesar de solicitar información e aclaracións a través de diversos medios, como correos electrónicos, Whatsapp ou por chamadas.

"Aínda non sabemos que letra pequena vai aparecer neste Diario Oficial de Galicia, xa que para nosa sorpresa dinos o secretario xeral da Consellería de Sanidade que é el o que fai este documento, que ten reunións toda a mañá e que se fará ao longo da tarde, sendo publicado a non se que hora para entrar en vigor mañá venres".

En todo caso, considerou que estas medidas "non van ser efectivas", e que "non se van a poder facer cumprir" ante a falta de "capacidade" pola situación e "pola idiosincrasia deste concello nesta comarca", que fará moi difícil o control de desprazamentos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta