A hostalaría de Pontevedra rexeita a desescalada deseñada pola Xunta con reaperturas parciais

Os representantes dos hostaleiros aseguran que, con estas condicións, serán moi poucos os locais que volvan abrir as súas portas ao non resultarlles rendible.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2020 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

A Asociación de empresarios da Hostalaría de Pontevedra (Hoempo) xunto cos das localidades veciñas de Poio e Marín protagonizaron este xoves unha caravana para protestar polo plan de desescalada deseñado pola Xunta e expresar o seu rexeitamento á reapertura parcial do sector.

Multitude de automóbiles percorreron este xoves os tres municipios despois de saír ás 11,00 horas da zona da Seca, en Poio. Desde alí dirixíronse á Subdelegación do Goberno en Pontevedra e, máis tarde, continuaron ata Marín para regresar á capital onde se achegaron ata a delegación territorial da Xunta de Galicia, previo paso a finalizar o traxecto de novo en Poio.

Xa pola tarde, tiñan previsto celebrar unha asemblea de socios para determinar as medidas que tomarán "en contra da desescalada" deseñada polo Goberno galego.

Neste tres municipios pontevedreses poderase retomar a actividade hostaleira a partir da medianoite do venres pero só no exterior, co aforamento ata o 50% e con horario máximo ata as 17,000 horas, xa que Pontevedra, Poio e Marín continúan no nivel máximo de restricións.

Os representantes dos hostaleiros aseguran que, con estas condicións, serán moi poucos os locais que volva abrir as súas portas ao non resultarlles rendible.

Hoempo insistiu en que as axudas son imprescidibles para salvar a un sector vital na economía española. "Pedimos que as axudas da Unión Europea se canalicen cara á hostalaría e o turismo", apuntan estes empresarios.

Terrazas da hostalaría. - Arquivo
Terrazas da hostalaría. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta