Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León impulsan un proxecto común contra o éxodo rural

Contan co apoio da Comisión Europea.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/12/2020 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

Galicia, xunto a Asturias, Cantabria e Castela e León impulsan un proxecto para loitar contra o éxodo rural que conta co apoio da Comisión Europea. En concreto, a Comisión, en cooperación coa Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económicos (OCDE) e co apoio do Programa de Apoio ás Reformas Estruturais, puxo en marcha en España o proxecto 'Plan Estratéxico de Gobernación para o Despoboamento Rural nas macrorregións do suroeste de Europa'.

Un home traballa nunha palloza situada na zona da ruta dos Ancares, en Lugo
Un home traballa nunha palloza situada na zona da ruta dos Ancares, en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

"Desde hai varias décadas, Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia vense afectadas por un grave despoboamento rural, o emprego concéntrase cada vez máis nos centros urbanos e a poboación empeza a envellecer", destaca a Comisión.

Polas súas características comúns, estas catro comunidades uniron os seus esforzos, segundo explica, "a fin de desenvolver unha estratexia común para loitar contra o despoboamento".

Este proxecto vai despregar un plan de acción "horizontal cun enfoque común, integral e coordinado", indica, que aborde o descenso demográfico formulando recomendacións para o desenvolvemento de medidas máis adecuadas.

Dará prioridade a catro ámbitos de "suma importancia" para o desenvolvemento rural: a calidade da prestación de servizos, a dixitalización, os aspectos de gobernación, estratexias e execución e o emprendimiento social e a innovación.

O Programa de Apoio ás Reformas Estruturais ofrece a todos os países da Unión Europea os seus coñecementos especializados en materia de execución de reformas que impulsen o crecemento. O apoio concédese previa solicitude e á medida das necesidades do Estado membro beneficiario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se quixeramos darlle impulso igual tiñamos un futuro interesante... Volveremos tirar os cartos nas vellas empresas e seguiremos a engordar as colas do paro... e todo por non abrir as portas á VIDA ! https://twitter.com/00Gamela/status...