O BNG lanza un vídeo para xustificar o seu 'non' aos orzamentos xerais: "PSOE e Podemos boicotearon a Galicia"

Son unhas contas que "boicotean e discriminan" a Galicia, din.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2020 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

O BNG lanzou un vídeo a través das súas redes sociais un vídeo no que condensa os seus argumentos para explicar o "non" aos orzamentos xerais do Estado, no que a voz protagonista é a da portavoz nacional, Ana Pontón. Son unhas contas que "boicotean e discriminan" a Galicia.

Momento do vídeo difundido polo BNG.
Momento do vídeo difundido polo BNG.

No vídeo difundido a través das redes sociais do BNG, lémbrase que a formación presentou máis de 200 emendas para mellorar as contas a favor dos galegos, pero "todas foron rexeitadas a pesar da vontade de diálogo e consenso" mostrado.

"Un reflexo de que antes o PP e agora PSOE-Podemos teñen asumido que deben negociar con Euskadi e Cataluña, pero consideran prescindible a Galicia", sinalou Pontón, que continúa afirmando: "PSOE-Podemos non están a boicotear ao BNG, están a boicotear a Galicia".

Os orzamentos inclúen unha "rebaixa histórica" nas peaxes da AP-9, que o BNG reivindica como "un logro importante pero insuficiente" nunhas contas que "discriminan a Galicia". De feito, Pontón advirte de que "son peores que as últimas de Rajoy", porque se perden 104 millóns de euros e cae o investimento por habitante, que pasa de 347 a 308 euros.

O BNG fíxase en que o Goberno "presume" de contas sociais, pero lembra que iso o é tamén para Andalucía, Aragón, Cataluña e Valencia, "que levan anos gozando do AVE, e que "aumentan ata un 57 por cento". Fronte a iso, as contas para Galicia caen un 11 por cento e soben partidas "tan sociais", ironiza, como a Casa Real ou o gasto militar.

"Non estamos para facerlle a vida máis cómoda ao presidente de quenda, estamos para mellorar a vida dos galegos e nese compromiso seguiremos traballando", concluíu Pontón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

1 Gamela

O prezo que pagamos pola traizón da UPG á Unidade da Esquerda en Galicia ! É claro que Podemos ten que pasar factura logo dos resultados electorais en Galicia ! Pero a ver se aprenden que os seus socios (PSOE Carmela Silva) non son de fiar en absoluto ! Hoxe ERC sacaba peito falando da nova era de Euskadi e Cataluña ! Galicia nin siquera aparece no mapa, sempre que actúa a UPG, perdemos todos !!! Sonche moi tercos !!!

1 tolo

Ai gamela!, Segun vostede o que tiñan que fcer era estar caladiños como o resto dos deputados galegos cipaios e non dicir nada porque sexamos a unica Comunidade na que baixa o investimento.

2 GaliPresi

E logo dos orçamentos desenhados polo governo do que fai parte esoutra esquerda com a que havia que "unir-se" tamém tem a culpa a UPG? Ainda bo é que nom houvo tal unidade, que senom igual quedavam tam a vê-las vir coma os outros

3 X. López

Gamela, cando vos manifestades os amigos de Gloria Lago de Galicia Bilingüe para que os galegos todos Hablemos Español? Está en perigo a Língua Suprema, a Santa Unidade, a Exemplar Monarquía e a Sagrada Constitución, logo hai que mollarse como fan os militares. Os da vella garda sabédelo e non perdedes ocasión. Aumentar os gastos da monarquía e dos militares, iso é a "Unidade da Esquerda"! Que esquerda? A do PsoE, a de Carmela e Abel... Na UPG e en Podemos hai moito adepto da causa polo negocio: hai fame e moitas gañas de comer!

4 Gamela

A UPG leva 56 anos instalada no seu mantra particular (vós veredes o que temos acadado dende entón!) Os partidos mudan estratexias para estar no mundo (agás os vellos que nunca dan o seu brazo a tocer, e chámanse tercos !) https://youtu.be/mhTFOe35BbU?t=3010 BNG ten un vello problema, chámase UPG UPG UPG