A primeira gran nevada do outono en Galicia complica o tráfico en case 40 estradas de Galicia

Hai restricións para camións en 8 vías. O 112 Galicia contabiliza preto dun centenar de incidencias relacionadas coa climatoloxía adversa

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 04/12/2020 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

As condicións meteorolóxicas adversas complican na mañá deste venres a circulación en case 40 estradas en Galicia, entre elas varias autovías, especialmente na provincia de Lugo, onde hai unha ducia de viarias afectados por nevadas. Así mesmo, hai obras de mantemento (moitas delas derivadas do temporal) e outros traballos na calzada en decenas de viarias de Galicia, o que tamén contribúe a conxestionar a circulación.

Segundo os datos publicados pola Dirección Xeral de Tráfico, na provincia de Lugo a neve está a condicionar a circulación na A-6 ao seu paso pola cidade de Lugo e ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro. A vía é transitable con precaución, do mesmo xeito que a A-54 ao seu paso pola capital lucense.

As nevadas tamén están a provocar problemas na estrada comarcal LU-540 ao seu paso por Muras, no tramo entre o km 26 e o 26,3; na LU-122 ao seu paso pola Pastoriza, entre o km 0 e o 20; na LU-701 en Abade, entre o km 0 e o 15; na LU-530, e na Fonsagrada, entre o km 0 e 5,5.

Tamén hai complicacións na N-540 ao seu paso por Lugo capital, entre o km 11,5, e 11,9; na N-V en Baralla, entre o km 431 e 475; na LU-633 en Pedrafita; e na a CG-2.1 en Chantada, entre o km 39 e o 43. Nestes tramos destes viarios da provincia de Lugo está prohibida a circulación de camións e vehículos articulados.

Ademais, hai outras estradas afectadas nesta provincia, onde non hai restricións pero o tránsito debe facerse con precaución: a N-547 en Palas de Rei, con problemas pola neve entre o km 19 e 42; e a CG-2.2 en Abeledo, afectada por nevadas entre o km 17 e 40.

Na provincia da Coruña a neve tamén está orixinado problemas de tráfico, en concreto na N-634 en O Apedairo e Curtis, nun tramo de 8 quilómetros; na AC-101, no Alto do Pío, entre os quilómetros 7 e 13; e na AC-840 entre Burricios e Melide. Ademais, requírese precaución aos condutores que circulen pola A-52 ao seu paso por Trasmirás, entre o km 176 e o 180.

RETENCIÓNS E OBSTÁCULOS NA CALZADA

Á marxe da neve, o temporal de choiva tamén está a ocasionar problemas como saídas de vías e colisións por alcance en viarios de toda Galicia, o que está a provocar retencións pola presenza de obstáculos fixos na calzada en case 30 estradas de Galicia.

Así, a provincia máis afectada é a A Coruña, que rexistra complicacións na AP-9 na contorna de Santiago (km 74); na AC-840 ao seu paso por O Oural, Curtiñela e Trasmundi; a A-6 en Freán, a DP-2403 ao seu paso por Acebedo; a AC-214 en Cambre; a DP-0810 en Piadela; a AC-11 en Curramontes; a AC-15 en Furoca e a N-V en Montesalgueiro. Ademais, hai retencións por mal tempo na DP-8002 en Sobrado.

En Lugo hai dificultades na N-640 ao seu paso pola Rúa de Arriba; na N-V en Cadoalla; na LU-3907 en Outón; na LU-2911 na Ponte (na contorna da capital provincial); na LU-1611 en O Mozón; na LU-5101 en Friol; na LU-P-2901 en Leirás; e na LU-P-0703 en Vilar de Frades.

Tamén hai problemas en viarios da provincia de Pontevedra como a PO-371 en Pardavila, a A-52 ao seu paso por Eidos do Medio; a EP-9006 en Xesteiriña, a PO-323 en Rorís, a EP-7001 na Carballeira, a EP-4103 en Muíños, e a AG-53 en Cadabal. Na provincia de Ourense hai tráfico complicado na OU-411 ao seu paso por Aldea de Arriba, e na OU-402 na Granxa.

INCIDENCIAS REXISTRADAS POLO 112

A meteoroloxía adversa que afecta a Galicia desde a tarde do xoves está a deixar un rosario de incidencias, maioritariamente relacionadas coa neve e o xeo e as árbores e ramas que se precipitan ás estradas debido ao temporal.

Así, o 112 Galicia contabilizou desde o atardecer do xoves, preto dun centenar (86) de intervencións dos servizos de emerxencias, que tiveron moito que ver coa influencia da choiva e o vento, nas últimas horas do día, e a neve e o xeo, nas primeiras horas desta mañá.

Unha vaca rodeada de neve en Pedrafita do Cebreiro
Unha vaca rodeada de neve en Pedrafita do Cebreiro | Fonte: CARLOS CASTRO - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta