A violencia familiar aumentou entre o sector do profesorado durante a Covid-19

Un 9,8% dos docentes recoñece que comezou a pegarlle aos seus fillos por primeira vez debido a "situacións límite".

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O informe da Organización Montessori Canela Internacional (OMCI) sobre Mestres/as e Violencia Familiar durante a Covid-19, no que participaron 1.309 mestres e persoal educativo, destaca como a pandemia afectoulles nas súas relacións familiares e contribuíu a aumentar o seu estrés, prexudicando o seu benestar. 

Evolución da Violencia Familiar durante a pandemia
Evolución da Violencia Familiar durante a pandemia | Fonte: Fonte: Organización Montessori Canela Internacional

Os resultados achegados desta investigación, manifestan que o 80,6% das personas enquisadas víronse superadas nas súas relacións familiares ao convivir máis tempo nos seus domicilios por mor da Covid-19.

O estudo da organización centrada na transformación da educación centrouse en tres ámbitos de investigación nos que as relacións interpersoais son relevantes: as relacións de parella, a situación con respecto aos fillos e fillas e as relacións familiares xerais.

RELACIÓNS DE PARELLA

Do 80,6% de persoas enquisadas que sufriron nas súas relacións interpersoais, o 48,6% discute máis que antes coa súa parella e un 10,2% faino a diario. Por outra banda, un 19% destas persoas pensaron en deixar a súa parella e un 2,1% fíxoo xa. Estes datos varían segundo o sexo, sendo un 18,7% das mulleres as que se plantexaron deixar a súa parela e un 27,3% foron os homes os que contemplaron esta opción.

RELACIÓNS COS FILLOS

No caso do persoal docente enquisado, tamén se observa que o 50% grita máis que antes aos seus fillos e fillas e, concretamente, un 13,7% bérralles a diario. Por outra banda, un 9,8% dos docentes recoñece que comezou a pegarlle aos seus fillos por primeira vez debido á situación límite que se vivía, nalgunhas ocasións, nos seus fogares. 

RELACIÓNS FAMILIARES XERAIS

 

Finalmente, os resultados da investigación, probaron que un 22,7% dos enquisados recoñece sentirse máis insensible con respecto a outras persoas e un 43,7% afirma discutir máis agora coa súa familia.

 

Porén, un 88,6% también ve aspectos positivos na situación de pandemia. Un 82,5% destaca que aproveitou a pandemia para relativizar a situación y reorganizar as súas prioridades e un 49% valora máis á súa familia que antes da crise sanitaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta