Viralizase a mensaxe dun profesor de Zaragoza pedindo aos seus alumnos que escriban en galego

Pide, entre outras cousas, que lle axuden a "seguir mellorando a miña destreza co idioma galego".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Uns días atrás, a esfera tuiteira galega viralizou a mensaxe dunha profesora da UDC rexeitando un traballo escrito en galego, indicando que o valoraría atendendo á "tradución de Google". O caso recolleu unha ampla atención social, ante a cal a UDC pediu disculpas ao alumno. Nestas últimas xornadas, vén de facerse viral un caso que, malia transcorrer tamén no eido da lingua, vai en liñas absolutamente contrarias: o dun profesor de orixe zaragozana que exerce en Galicia e pide aos seus alumnos que non recorran ao castelán á hora de entregar traballos escritos.

Aula baleira nunha facultade. Eduardo Parra - Europa Press
Aula baleira nunha facultade. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta