A Coruña pecha xardíns e parques infantís polo temporal

Esta medida manterase ata as 08,00 horas do luns 7 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 04/12/2020 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña pechou xardíns e parques infantís, ao pasar o aviso de alerta laranxa a nivel vermello polas condicións meterológicas. Esta medida manterase ata as 08,00 horas do próximpo luns, 7 de decembro.

O goberno local advirte de que os fortes ventos que se esperan durante a xornada causarán incidentes tamén no servizo de recollida do lixo, "ao impedir a saída do camión pluma, o que lle afecta sobre todo á recollida de papel e cartón e dos colectores soterrados".

Ondada na Coruña
Ondada na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

O concelleiro da Coruña de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, explica que este fenómeno costeiro de risco extremo coincide con mareas vivas e máximos de ondadas, ao redor das 18,40 horas, "polo que é probable que teña incidencia en puntos sensibles do litoral".

Respecto diso, informa de que estarán habilitados todos os dispositivos necesarios ante un posible peche do Paseo Marítimo para os viandantes desde a Coraza a Playa Club. Tamén hai un dispositivo establecido para cortar o tráfico de vehículos na mesma zona no caso de que sexa necesario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta