Investigada unha conserveira de Ribeira pola vertedura de hidrocarburos na ría de Arousa

Unha parte do combustible acabou vertido na rede de saneamento.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/12/2020 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

O equipo do Seprona da Garda Civil da Coruña investiga por un delito contra o medio ambiente e os recursos naturais a unha empresa conserveira de Ribeira en relación á vertedura de hidrocarburo que afectou á ría de Arousa, á altura de Punta de Touro, entre os días 10 e 15 de outubro.

Punta Touro, en Ribeira
Punta Touro, en Ribeira | Fonte: turismo.gal

Segundo informou o instituto armado, a investigación iniciouse por mor de que o servizo de Salvamento Marítimo localizase a mancha de hidrocarburo durante un voo o 13 de outubro, un feito que trasladou ao Seprona.

Tras iso, os axentes puideron comprobar que, o día 10 de outubro, por mor dun derrame de fuel na planta dunha empresa do polígono de Xarás (Ribeira), unha parte deste combustible acabou vertido na rede de saneamento. Deste xeito, chegou ao emisario submarino que parte das antigas instalacións da EDAR municipal en 'Punta de Touro', o cal verte as augas residuais do polígono de Xarás na ría de Arousa.

Ademais, outra parte do fuel chegou á nova EDAR de Couso, aínda que a maior parte quedou retido nos impulsos mencionados, onde se realizaron tarefas de limpeza e retirada do mesmo por parte do xestor deste tipo de residuos facilitado por Frinsa.

Esta mancha obrigou no seu día a activar os plans anticontaminación do medio mariño, coa colocación de barreiras e a recollida de combustible a través de mantas absorbentes. Unhas tarefas nas que fixo falta unha gran cantidade de medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta