Unha obra de Xerais, a primeira en adaptarse ao podcast para radio en Galicia

Trátase do libro 'Un home estraño', de Antonio Tizón, que será emitido por Radio Fene Radiofusión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/12/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

En 1980, no marco histórico da Transición, en pleno debate sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia, o daquela inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso de asasinato da súa carreira: o crime de Manuel Ferro, un arquitecto que traballa no concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Nese contexto realista, aparece un home estraño que semella vivir á marxe da sociedade da súa época...

Unha radio
Unha radio | Fonte: EP

Esta é parte da trama de 'Un home estraño', un libro pde Antonio Tizón, editado por Edicións Xerais de Galicia en 2018 e que gañou o VI Premio Cidade Centenaria de Ribeira. Un libro que, agora, é o primeiro que se adapta en Galicia ao formato podcast cunha serie de 13 capítulos a partir dun guion do propio Antonio Tizón.

É esta a segunda entrega dunha serie que ten como protagonista principal o policía Xosé Sánchez Pereiro, e que, en clave de xénero negro, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador, que non único, da enfermidade mental. A esta serie pertencen así mesmo A antesala luminosa (2015) e Os incurábeis (2020), unha obra tamén en proceso de reconversión neste formato (o podcast) inédito na historia da literatura galega.

O podcast Un home estraño, con música de Miro Casabella, está dirixido na súa adaptación radiofónica por Eugenia Sanmartín e será emitido por Radio Fene Radiofusión ás 10 e ás 14:30 horas entre o 15 e o 30 de decembro de 2020. Participaron como actores e actrices Oscar Gaez, Helga Méndez, Franki Muíño, Luis Pillado e Roger de Flor, co control de son de Xabier Fernández e a colaboración especial de Cándido Barral e Leo Toral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta