"Yo flipo", di Jácome tras criticar os hostaleiros de Ourense as "guerras políticas" e esquecerse deles

"Ourense foi unha das cidades de España máis castigada e vostedes estaban tan inmersos na súa guerra política de desexos de poder", din os hosteleiros no pleno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2020 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

Hostaleiros da cidade de Ourense acusaron este venres aos políticos da cidade de esquecerse do colectivo dos autónomos durante a pandemia sanitaria pola súa "guerra política".

Antes de iniciarse o pleno municipal o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, concedeu un espazo de 10 minutos para que os representantes deste colectivo lesen un comunicado no que recollían os acordos aos que se chegou na reunión celebrada elpasado 27 de novembro.

Na lectura, unha representante dos hostaleiros acusou aos políticos municipais de estar "tan inmersos na súa guerra política de desexos de poder que se esqueceron dos autónomos da súa cidade".

No comunicado, ademais de ler os acordos, subliñaron que "desde marzo non houbo ningún político que tomara medida algunha para protexer ao sector da hostalaría". "Ourense foi unha das cidades de España máis castigada e vostedes estaban tan inmersos na súa guerra política de desexos de poder que se esqueceron dos autónomos da cidade", denunciou para asegurar que os veciños están "cada día máis fartos" das "batallas políticas".

Ante estas afirmacións, o rexedor municipal asegurou que "flipaba" e "non daba crédito" ás acusacións de que o Concello de Ourense non se preocupaba dos autónomos. Así, sinalou que se tomaron medidas "desde o principio", como a de retirar a taxa de veladores que se realizou "antes de que a solicitasen os propios hostaleiros".

Ademais, indicou que "están confundidos no sector da hostalaría ourensá se sinalan ao goberno local porque as distintas restricións das que se queixan van impostas pola Xunta de Galicia e o Goberno central e non polos concellos que case non poden decidir nada". "Non creo que haxa ningún concello en España que se reuniu coa hostalaría sete veces no último mes, nin que lle permitiu ler un comunicado nun pleno municipal, pero xa o di o refrán Yankee 'non hai boa obra que quede sen castigo'", indicou.

CENTRO CULTURAL

Outro dos puntos que suscitaron debate no pleno ordinario foi a moción do BNG na que se solicitaba que a antiga biblioteca se converta nunha casa da cultura, pondo de relevo a necesidade de que "a mocidade teña un espazo de reunión adecuado".

Esta iniciativa contou co apoio de todos os partidos a excepción do equipo de goberno, xa que o alcalde e os dous concelleiros votaron en contra. "Xa non é votar en contra no pleno, senón que, se se conseguise que fose espazo cultural, nós encargarémonos de facer sabotaxe, pero non como alcaldía senón como partido", sostivo o rexedor.

PROBLEMÁTICA LUCES DE NADAL

Chegados aos rogos e preguntas, o Partido Popular criticou que as luces da iluminación aínda non estean a punto e censurou que se trate "da máis cara que tivo o Concello de Ourense" cun orzamento de 351.000 euros, o dobre que no exercicio anterior.

O rexedor municipal sinalara que o encarecemento das luces debíase a contratar a unha empresa "cunha maior experiencia" e "embelecer a cidade continuando coa dinámica en barrios onde nunca antes as houbo, chegando a máis sitios cunha estética mellor".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. EUROPA PRESS - Arquivo
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Se algo ten este home é que non se lle pode dicir que non sexa un "demócrata" convencido: dalle voz aos hosteleiros que o poñen a feder... pide disculpas no Pleno (ver o final) polos concelleiros tránsfugas que el mesmo meteu nas listas de D.O. e que todos podemos comprobar gracias á retransmisión en directo (e diferido) das sesións Públicas dos Plenos no Concello de Ourense ! https://twitter.com/00Gamela/status... Se comparamos con Vigo dá envidia ver un comportamento democrático en minoría ! Vigo conta con maioría absoluta aplastante (20 sobre 27) e nin o Alcalde preside os Plenos, nin permite que se retransmitan vía streaming, e moito menos permite falar a ninguén que previamente non lle teña rendido pleitesía ! Así é como vivimos os confinados e sen dereito siquera a abrir a boca !!! Jácome durará pouco ou moito pero Abel Caballero é a peste bubónica para Vigo !

1 Ghamela

Estou moi impaciente por ver que che contesta nesta ocasión Gamela, estará de acordo contigo? hahahaha!