A incidencia acumulada de máis de 350 casos nos últimos 14 días, clave para o peche de Boiro

Sanidade apoia a súa decisión nos informes negativos da Dirección Xeral de Saúde pública.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/12/2020 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

A incidencia acumulada a 14 días de 366 casos resultou clave para que o comité de expertos da Consellería de Sanidade acordase pechar perimetral desde este sábado o concello barbancés de Boiro, onde se elevan as restricións ao máximo nivel pola evolución negativa da pandemia.

PCR
PCR | Fonte: EP.

Así figura na orde publicada na noite do venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que establece o paso ás restricións severas no Concello de Boiro, así como a relaxación das medidas en Neda, Fene, Burela, Oleiros, Lalín e Oroso ante a tendencia positiva nos datos epidemiolóxicos.

Deste xeito, Sanidade apoia a súa decisión nos informes negativos da Dirección Xeral de Saúde pública sobre a evolución da pandemia en Boiro, onde a maior taxa de positividade está a darse na franxa de idade que vai dos 35 aos 39 anos.

Así as cousas, a localidade da ría de Arousa presenta unha incidencia acumulada durante 14 días de 366,6 casos, ademais de rexistrar máis de 10 positivos durante os tres últimos días.

Por todo iso, e tendo en conta que Boiro conta cunha poboación de máis de 10.000 habitantes --case 19.000, segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística--, Sanidade acorda elevar as restricións nesta localidade, medida que é efectiva xa desde a madrugada do sábado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta