Feijóo pide por carta ao delegado do Goberno e alcaldes "un esforzo adicional" para evitar incumprimentos

O presidente galego lémbralles que a súa implicación é "clave" para velar polas medidas establecidas pola Xunta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/12/2020 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remitiu senllas cartas ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e aos alcaldes dos concellos que contan con Policía Local para solicitarlles "un esforzo adicional" durante o mes de decembro para que se fagan cumprir as restricións derivadas da pandemia do coronavirus. Así se dirixiu o mandatario nunhas misivas que enviou o venres, nas que tamén recoñeceu o labor "encomiable" que levan a cabo os axentes locais e os membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, segundo informan fontes da Xunta.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta.

Neste contexto, reclamou tanto a Losada como aos alcaldes de concellos con Policía Local a súa implicación para evitar incumprimentos das medidas establecidas --peches perimetrais en 51 concellos e controis de capacidade en establecementos de toda Galicia-- é "clave".

Nesta liña, ante as novas medidas en vigor e o incremento da mobilidade social que adoita ocorrer durante estas datas previas ao Nadal, o presidente da Xunta sinalou a "necesidade de extremar" os controis, impor as pertinentes sancións e advertir dos descoidos cando se detecten.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Como resulta evidente, aprobados os orzamentos todo dios pode coller o coronavirus a eito ! Eso sí, seguimos baixo Estado de Alarma ata o día 9 de maio 2021 (por se acaso) ! Feijoo excusa enviarlle carta algunha ao Delegado do Goberno, amosou varias veces dende o mes de marzo que non sabe ler, é dicir, comprensión lectora moi escasa ! Por iso precisamente está de Delegado do Goberno Sánchez !