Temas: VERIN TEATRO

Volven o teatro e os concertos a Verín

O concello decide reactivar a súa programación cultural con catro representacións teatrais e un concerto.

Por X.M. Fernández | Verín | 07/12/2020 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

A actividade cultural retorna a Verín o 26 de decembro. A concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, quixo destacar que "é moi importante recuperar a nosa actividade cultural e reabrir os espazos culturais, sempre mantendo un estrito protocolo de seguridade deseñado para garantir, en todo momento, a saúde das persoas".

Cinema de historias no Auditorio de Verín. Foto: ConC de Comunicación
Cinema de historias no Auditorio de Verín. Foto: ConC de Comunicación

Para garantir a seguridade e evitar aglomeracións de xente na taquilla, a reserva de entradas para todos os eventos realizarase en liña a través da plataforma de ataquilla.com. O prezo das mesmas será de 5 euros para as catro propostas teatrais e o concerto que terán lugar no Auditorio Municipal de Verín.

PROGRAMACIÓN

O 26 decembro, ás 19:00 horas, terá lugar a representación da obra de teatro “Idiota”.  O director é Alex Sampayo que traballa sobre un texto do catalán Jordi Casanova. Destacan no reparto a actriz Susana Sampedro e o verinés Machi Salgado, gañador do premio María Casares ao mellor actor protagonista.

O 3 de xaneiro, ás 17:30 horas, a compañía Teatro Avento Producións, representara “Mmm! Unha comedia musical para chupar os dedos”, unha divertida peza infantil e familiar finalista ao mellor espectáculo infantil nos XXIV Premios de Teatro María Casares 2020. 

O 6 de xaneiro está programado un concerto ás 19:00 horas. Enriba do escenario o grupo de moda “De Vacas”, formación que vén de facer unha xira mundial de máis de 120 concertos nos que encheron prazas e teatros. 

O 9 de xaneiro, ás 19:00 horas, representarase “O mozo da última fila”, unha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística. Dirixida por Alex Sampayo e cun reparto de luxo, este texto foi escollido en 2018 dentro de plans de fomento á lectura en institutos de secundaria.  Elenco artístico: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salado y Ruben Puerto.

Por último, o 23 de xaneiro, ás 19:00 horas, o grupo de teatro MDM poñerá en escena a obra de Carlo  Goldoni “El mentiroso,” unha simpática comedia, para todos os públicos, dividida en tres actos que relata a historia dun mozo que xamais puido dicir a verdade. O elenco artístico compóñeno: Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier Calleja.

Temas: VERIN TEATRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta