Localizan o mozo de 19 anos desaparecido en Cambre desde finais de outubro

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/12/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

SOS Desaparecidos desactivou a alerta pola desaparición de Isaac Emanuel Cañal Adega, un mozo de 19 anos perdido o pasado 30 de outubro no municipio coruñés de Cambre.

A asociacion colgara na mañá deste domingo o cartel para a súa localización en Twitter, pero horas máis tarde desactivou a alerta porque xa foi localizado.

No entanto, continúa a procura de dous mozos dos que nada se sabe desde o pasado luns, 30 de novembro. Segundo os carteis difundidos por SOS Desaparecidos, unha destas persoas é Judit Jiménez Dapena, unha moza de 25 anos desaparecida na parroquia pontevedresa de Mourente.

De acordo coa descrición achegada pola asociación, a moza mide 1,72 metros, ten o pelo negro e ondulado e os seus ollos son de cor castaña.

Ademais, continúa activa a alerta pola desaparición de Aarón Trabazo Ojea, tamén o pasado luns en Pontevedra. Ten 23 anos, mide 1,60, é de complexión delgada, ten tatuaxes e o seu pelo e os seus ollos son de cor castaña.

SOS Desaparecidos fai un chamamento a, se alguén pode achegar información sobre algún destes dous mozos, que chame ás forzas e corpos de seguridade do Estado, ao teléfono 112 ou aos móbiles da asociación 642 650 775 ou 649 952 957.

Localizado o mozo de 19 anos Isaac Emanuel Cañal Adega, desaparecido en Cambre (A Coruña) o pasado 30 de outubro.. SOS DESAPARECIDOS
Localizado o mozo de 19 anos Isaac Emanuel Cañal Adega, desaparecido en Cambre (A Coruña) o pasado 30 de outubro.. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta