O PP afirma que as críticas da oposición á xestión da pandemia pola Xunta non teñen "ningún apoio científico"

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, replicou que as críticas da oposición ás medidas da Xunta para tratar de frear o avance do coronavirus na comunidade non teñen "ningún respaldo científico".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/12/2020 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, replicou que as críticas da oposición ás medidas da Xunta para tratar de frear o avance do coronavirus non teñen "ningún apoio científico".

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy | Fonte: Europa Press

Puy defendeu que en Galicia as decisións se toman con base no que expón o comité clínico en función da situación epidemiolóxica.

"Estamos nunha pandemia, as cifras cambian todos os días, trátase de evitar que o número de contaxios creza e protexer a vida", destacou Puy, antes de indicar que a nova normalidade "consiste en ir vendo como evoluciona" a covid-19 e tratar de ir "minimizando" os seus efectos, pero sen facer "máis do estritamente necesario para non prexudicar a vida económica".

Neste contexto, afirmou, sobre as críticas de PSOE e BNG: "Non vin ningún apoio científico a estas críticas".

Así, preguntouse "en base a que criterios clínicos se recomenda un peche maior" en resposta ao Bloque e asegurou non entender "moi ben o que propón o PSOE", posto que a incidencia do coronavirus é "distinta" no tempo e no espazo e as medidas, resaltou, "non poden ser uniformes para todo o país".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta