Sanidade fará un cribado no sector a hostalaría en activo, mentres estes piden indemnizacións

O sector da hostalaría pide ser reparado polo peche "obrigatorio".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2020 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade realizase un cribado de detección da COVID-19 entre os traballadores do sector da hostalaría e do turismo ao longo das próximas semanas.

Asou anunciouno este luns o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, quen destacou que o obxectivo é "chegar á maior parte do persoal da hostalaría que está a traballar", coa premisa de que "canta maior seguridade sanitaria, mellor".

Rueda trasladou esta acción aos representantes do sector durante unha nova reunión por videoconferencia, que contou coa participación do titular de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana. Este encontro inscríbese nos contactos que se están mantendo con representantes do sector hostaleiro para habilitar axudas e fixar os criterios de desescalada.

Rueda indicou que o obxectivo é facer un cribado entre os establecementos que están abertos, en coordinación coas asociacións que representan ao sector, para dar "máis seguridade" a traballadores e tamén á clientela.

Así mesmo, lembrou que a hostalaría é un dos sectores que está a resultar máis afectado as consecuencias da pandemia de coronavirus, polo que a Xunta habilitou un amplo abano de axudas "que se están axilizando ao máximo".

Reunión entre a Xunta e hostaleiros de Pontevedra. XUNTA
Reunión entre a Xunta e hostaleiros de Pontevedra. XUNTA | Fonte: Europa Press

INDEMNIZACIÓNS

Pola súa banda, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché real, calculou que a facturación do sector nos primeiros días de reapertura foi "baixa", polo que insistiu en reclamar "indemnizacións" aos gobernos polo peche decretado durante un mes.

No medio dunha ponte no que Galicia iniciou a súa propia desescalada progresiva na hostalaría, Real volveu a lanzar esta petición porque a Xunta lles "impediu abrir" os seus negocios e "exercer libremente" o seu "dereito a traballar".

Por isto mesmo, o presidente dos hostaleiros lucenses explicou que xa non solicitan "un rescate" aos gobernos, como moitas das súas asociacións homólogas, senón "indemnizacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta