Temas: PGE PODEMOS

Podemos cre que é unha "insensatez" afirmar que os orzamentos do Estado "prexudican a Galicia"

Afirma que estas contas son "un revulsivo social histórico".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/12/2020 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Podemos Galicia celebrou a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2021 e tachado de "insensatez" asegurar que "prexudican a Galicia" xa que supoñen "un revulsivo social histórico". A formación sinala que as contas obtiveron no Congreso o "maior apoio político en 18 anos", coa suma dos votos de 11 formacións progresistas e soberanista como "mellor antídoto contra a pandemia en Galicia".

O secretario xeral de Podemos e vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, xunto ao secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino
O secretario xeral de Podemos e vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, xunto ao secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

"Chegan para apuntar un país azoutado pola pandemia que fai forza do público e inviste no que importa, no que é de todos: sanidade, educación e ciencia, vivenda, dependencia, bolsas, igualdade, mobilidade sustentable e vertebración", sinala.

Así mesmo, apunta que eses orzamentos sitúan Galicia entre os territorios con máis investimento por habitante: "308 euros por cada galego, por enriba da media estatal e por diante de comunidades autónomas como Valencia, Madrid, Cataluña ou Euskadi".

"É innegable que son imprescindibles para desfacer o corpiño do austericidio, privatizacións e recortes do PP de Montoro", sinala Podemos Galicia, que destaca que "concitaron o maior consenso político no Congreso no que vai de ano, pondo o foco no público cunha unidade de acción da que só se despegaron as dereitas".

Temas: PGE PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A borracheira de poder é peor co metílico, fai alucinar á xente : sanidade, educación e ciencia, vivenda, dependencia, bolsas, igualdade, mobilidade sustentable e vertebración... aquí o explican bastante mellor https://twitter.com/TradutorGalego/...