A Xunta informa de doce falecidos en residencias, sete deles en Mos que morreron en novembro

En total, Sanidade informou de 16 mortes pola Covid 19.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/12/2020 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

O cómputo de falecidos que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia ascendeu a 1.272 nas últimas horas, tras informar a Xunta de 16 persoas que estaban diagnosticadas de covid-19, aínda que sete delas faleceron na segunda quincena de novembro.

Un paciente con Covid-19 é trasladado ao hospital
Un paciente con Covid-19 é trasladado ao hospital | Fonte: EP

Así, a Consellería de Sanidade informou da morte destas sete persoas na Residencia Doral de Mos con semanas de atraso. A xustificación da Xunta é que se comunican agora “logo de validarse que faleceran por covid-19“. Entre os mortos están tres homes de 92, 98 e 94 anos e catro mulleres de 98, 91, 85 e 93 anos.

A Xunta tamén informou da morte doutra persoa por covid nas últimas horas na Área Hospitalaria de Vigo. Trátase dun homede 86 anos. En total, e sumando os falecidos da Residencia Doral, en total o número de mortos este luns ascendeu a 16 persoas.

Ademais, outros cinco falecidos procedían de residencias. Así, dúas mulleres de 90 e 94 anos morreron na residencia de Vilalba, e outro home deste mesmo centro, de 82 anos, no HULA. Por outra banda, tamén faleceu no Centro Hospitalario de Pontevedra (CHOP) unha muller de 95 anos e outro home de 90 anos no Hospital Domínguez de Pontevedra que procedía da Residencia Soremay.

Por outra banda faleceu un home de 89 anos no CHUAC da Coruña, unha muller de 92 no CHUF de Ferrol e outra muller de 86 ano no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta