A maquinaria xudicial galega colle forza tras dictar 44.000 resolucións en novembro

Supoñen case un 20% máis que as cifras de outubro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

As resolucións notificadas por órganos xudiciais galegos incrementáronse un 18,6% en novembro respecto dese mes do ano anterior, segundo datos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). En concreto, o pasado mes notificáronse 44.177 resolucións que finalizan procedementos fronte ás 37.524 comunicadas en novembro de 2019. Así, os xulgados e tribunais galegos notificaron 19.699 providencias, 8.143 sentenzas e 16.335 autos, decretos e outras resolucións finais no último mes.

Ademais, o TSXG efectuou 1.700 comunicacións, un 55,2% máis que nese período do ano anterior, cando se sumaron 1.095. Adicionalmente, as audiencias provinciais de Galicia realizaron 2.492 notificacións, o que representa un aumento do 18,21% respecto de novembro de 2019.

Por cidades, A Coruña, foi a que realizou un maior número de resolucións o pasado mes (7.925), seguida de Vigo (7.205), Pontevedra (3.616), Santiago (3.265), Lugo (3.125), Ourense (2.896) e Ferrol (1.847). Deste xeito, o sete urbes galegas enviaron un total de 29.879 resolucións, un 19,8% máis que en 2019, e os xulgados mixtos situados nos demais partidos xudiciais, 10.106, un 7,6% máis que no undécimo mes do ano anterior.

Os órganos xudiciais de Galicia tamén recibiron o pasado mes 47.621 novos casos ante os 62.347 iniciados en 2019, o que supón un descenso do 23,6%. O TSXG recibiu 1.522 asuntos en novembro; as audiencias provinciais, 2.936; os xulgados das cidades, 29.272; e os órganos do resto de municipios, 13.891.

Xulgado de Instrución número 2 de Tui (Pontevedra). EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO - Arquivo
Xulgado de Instrución número 2 de Tui (Pontevedra). EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta