Detectados 12 casos entre as 733 cribadas en Sarreaus

Arrinca o das Pontes, na Coruña, con 2.000 citados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Un total de 12 casos positivos foron rexistrados no cribado posto en marcha polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) no municipio ourensán de Sarreaus, mentres que outro arrinca este mércores nas Pontes (A Coruña) con 2.000 persoas citadas.

En concreto, segundo informou a área sanitaria de Ourense, 733 persoas das 930 citadas acudiron ao cribado posto en marcha no pavillón de deportes de Sarreaus. Destas, o 70% xa foron procesadas e permitiron detectar 12 novos positivos. Con estes datos, esta localidade ourensá conta con 32 casos activos.

Por outra banda, a área sanitaria de Ferrol deu conta do inicio do cribado voluntario para a detección precoz da covid na poboación do municipio das Pontes, no que están chamadas a participar unhas 2.000 persoas.

Cribado. Foto de arquivo.. EDUARDO BRIONES
Cribado. Foto de arquivo.. EDUARDO BRIONES | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta