Santiago acolle a partir deste xoves un congreso sobre a influencia da covid-19 na igualdade e a violencia de xénero

O obxectivo é profundar desde distintos puntos de vista na análise da influencia da pandemia na perspectiva de xénero.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/12/2020 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) celebra este xoves e venres, en Santiago de Compostela, o congreso 'Medios de comunicación en tempos de COVID-19: influencia da pandemia na igualdade e na violencia de xénero'.

Organizado coa colaboración da Xunta, o evento, que terá lugar no Hotel Porta do Camiño en formato presencial e en liña, ten como obxectivo profundar desde distintos puntos de vista na análise da influencia da pandemia na perspectiva de xénero e avaliar se a crise da covid está a relegar a igualdade e a violencia de xénero na atención informativa.

Entre as relatoras, ademais de profesionais de distintos medios, participará a directora de Igualdade da Dirección Xeral de Xustiza da Comisión Europea, Irena Moozova; a presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de xénero do CCPJ, Anxos Carmona; a Valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, ou a xornalista Rosa María Calaf.

Protesta en Santiago contra a violencia de Xénero nos actos do 25N
Protesta en Santiago contra a violencia de Xénero nos actos do 25N | Fonte: Jessica Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta