Falece un traballador mentres pintaba o interior dunha casa de Santiago

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

Un traballador faleceu na mañá deste mércores en Santiago mentres realizaba tarefas de pintura nunha vivenda da capital galega. Diso informou o CIAE 112 Galicia, que tivo coñecemento do suceso ao redor das 12,00 horas deste mércores.

Foron os propietarios do domicilio os que chamaron á central de emerxencias para alertar de que o operario se atopaba inconsciente no interior da vivenda. Os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 desprazados ao lugar non puideron facer nada pola vida do traballador, que faleceu no punto.

Centro de chamadas do 061
Centro de chamadas do 061 | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta