As mulleres do sector primario, protagonistas do Nadal en Pontevedra

A Deputación de Pontevedra reivindica o papel da muller na cadea de traballo e os produtos de proximidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra lanzou unha nova edición da campaña 'Elas son a forza do Nadal', na que reivindica o papel da muller na cadea de traballo que levará este Nadal alimentos da terra e a costa da provincia ás mesas das familias. Nesta edición, a campaña ten como protagonistas a Bea Reimóndez (pescadera), Marivi Álvarez (viverista), Margot Cacabelos (avicultora), María González (panadeira), Mariña Álvarez (redeira), Susana González (percebeira), Mari Luz García (gandeira) e Cristina Yagüe e María Falcón (viticultoras).

Na rolda de prensa de presentación desta iniciativa, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que esta campaña persegue "poñer en valor o traballo de produtoras do sector primario que permiten que os produtos cheguen as nosas mesas". Ademais de reivindicar "a actividade das mulleres que adoita ser silenciado e resulta invisible", á vez que "poñemos en valor tamén o produto local e a sustentabilidade".

A campaña inclúe un vídeo que pon rostro e voz a todas estas mulleres. Tamén se distribuirá material divulgativo en establecementos de alimentación, mercados e centros vinculados ás compras do Nadal en xeral.

Manola, redeira de Cangas no Berbés © Miguel Nuñez
Manola, redeira de Cangas no Berbés © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta