Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 16:54
A asociación Alcer Galicia denunciou este mércores a existencia de rutas de transporte de pacientes para hemodiálise que, afirman, incumpren as recomendacións contra a covid-19.
A través dun comunicado, a entidade lembrou que os pacientes con enfermidade renal crónica deben acudir tres veces por semana a hemodiálise, un servizo que, habitualmente, "está centrado nas cidades", polo que requiren de transporte. Segundo afirma a asociación, algunhas áreas sanitarias manteñen rutas con aforamentos superiores por ambulancia aos recomendados pola Sociedade Española de Nefroloxía para facer fronte á covid, dun máximo de catro persoas máis condutor por ambulancia.
Alcer Galicia contactou coas xerencias para "barallar vías de solución a esta situación". "As respostas á atención a esta necesidade fluctuaron desde o silencio máis absoluto á negación de tal situación", lamentan. Para protestar contra esta situación, atópanse recollendo firmas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.