Por X.M. Fernández | Allariz | 10/12/2020 | Actualizada ás 09:35
A iniciativa foi presentada no mercado de Allariz coa participación dos produtores e da edil de promoción económica María López que comentou “esta é una maneira máis de colaborar coa economía local, agardamos que a idea teña una boa acollida”.
Nas cestas, ideais agora para Nadal, inclúense produtos de proximidade froito do traballo de dez proxectos emprendedores locais que poden atoparse os sábados no coñecido mercado da Reserva da Biosfera de Allariz. Así, pois, podemos atopar o Queixo do Rexo, Chourizos de porco celta de Embutidos Vilaboa, 2 botes de Mel Abellas Hainas e Mel de Bosque,1 quilo de noces de Hortalizas Corvillón, leite ecolóxica de Ecoleia, marmelada de Sabugueiro de Carabuñas, bolachas de Alfarroba de Faragullas e galletas de castaña de Pételo, ademais dunha pastilla de Xabón de leite de Burra elaborado pola Asociación Andrea na aldea de San Salvador dos Penedos.
Cada cesta preséntase nunha fermosa caixa de cartón e pode mercarse no propio mercado os sábados ou encargar por WhatsApp no 666340522 por un prezo de 50 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.