As administracións contarán "a verdade" sobre Meirás e reivindicarán o legado de Pardo Bazán

Sada pediu completar o inventario e crear un "consorcio ou unha fundación" con participación das administracines implicadas, ademais de asumir a xestión das visitas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O Goberno e a Xunta acordaron, nunha reunión xunto á Deputación coruñesa e os concellos de Sada e A Coruña, colaborar para abrir o pazo de Meirás ás visitas "contando a verdade do paso de Franco con perspectiva democrática" e abordando tamén a figura da escritora Emilia Pardo Bazán.

Así o expuxo a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo, tras unha reunión, de algo máis de hora e media, na Delegación do Goberno en Galicia, coas distintas administracións interesadas no destino e posibles usos do inmoble.

Ao encontro, asistiron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o alcalde de Sada, Benito Portela e a rexedora da Coruña, Inés Rey. Tamén participou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que volveu a reivindicar que o pazo "volva ao patrimonio" da Comunidade e se xestione pola Xunta, avogou por "recuperar a esencia dese pazo".

"A esencia da figura de Pardo Bazán sen ocultar para nada que durante varias semanas ao ano o ditador Franco pasou alí as súas vacacións e esa parte da historia de España". Mentres, Sada pediu completar o inventario e crear un "consorcio ou unha fundación" con participación das administracines implicadas, ademais de asumir a xestión das visitas.

A vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,  durante unha reunión sobre os usos do pazo de Meirás, xunto a outras autoridades autonómicas e municipais. M. Dylan - Europa Press
A vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante unha reunión sobre os usos do pazo de Meirás, xunto a outras autoridades autonómicas e municipais. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta