Nova manifestación da hostalaría, lecer nocturno e cultura en Ferrol "porque as axudas non chegaron"

Un dos portavoces deste colectivo lamentou que "nada cambiou", pois desde as administracións reciben "moita promesa e pouca axuda que ademais leva demasiada letra pequena".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Profesionais da hostalaría, lecer nocturno e cultura concentráronse este mércores na praza de Armas de Ferrol para denunciar que aínda non percibiron ningún tipo de prestación polo paro de actividade debido ás restricións e a situación xerada pola pandemia sanitaria.

Os manifestantes, convocados por 'Hostaleiros e Autónomos Ferrolterra', realizaron unha 'pancarta humana' nas escaleiras de acceso ao Concello na que se podía ler 'Deixádesnos sen traballo e sen futuro a hostalaría morre'.

Un dos portavoces deste colectivo lamentou que "nada cambiou", pois desde as administracións reciben "moita promesa e pouca axuda que ademais leva demasiada letra pequena".

En concreto, censuran que aínda non percibiron ningún tipo de compensación económica pola obrigatoriedade de ter os seus locais pechados nas semanas anteriores, e advirten de que as medidas de reapertura non conseguirán silenciar ao sector.

"Non valen para calarnos, xa que non estamos en tempo de esmolas, estamos en tempos máis duros que todo iso e baixar os brazos neste momento é renderse e non estamos dispostos a que se nos cale".

Concentracion do sector de hostalaría en Ferrol. FERROL
Concentracion do sector de hostalaría en Ferrol. FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta